Friburgo, Alemaña
Friburgo[1] (en alemán: Freiburg im Breisgau) é unha cidade do Estado de Baden-Württemberg,[2] Alemaña, na rexión do Breisgau, no extremo occidental da Selva Negra. Está situada na beira dereita do río Rin. Destaca polo seu carácter universitario e é considerada como a capital da ecoloxía neste país.
Freiburg im Breisgau (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Friburgo - Regierungsbezirk Freiburg | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 237.244 (2023) (1.550,21 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 153,04 km² | ||||
Bañado por | Dreisam | ||||
Altitude | 278 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Xurxo de Capadocia | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Martin Horn (Politiker) (pt) (2018–) | ||||
Membro de | Kommunalverband für Jugend und Soziales Baden-Württemberg (en) Aliança Climática (pt) (1993–) Alcaldes pola Paz (2005–) Kommunale Informationsverarbeitung Baden-Franken (en) (–2018) Zweckverband 4IT (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 79098–79117 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0761, 07664 e 07665 | ||||
Código NUTS | DE131 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 083110000000 | ||||
Número de municipio alemán | 08311000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Granada (1991–) | ||||
Sitio web | freiburg.de | ||||
Historia
editarFriburgo foi fundada en 1120 polo duque de Zähringen e dotada de privilexios municipais segundo o modelo foral de Colonia, construíndose o Castelo de Schlossberg en 1090 para ser a súa residencia ducal. A cidade gozou de amplos privilexios como mercado, converténdose nun dos centros comerciais da Selva Negra. A súa vida comercial viraba en torno á exportación de prata, la e madeira.
En 1200, o duque Bertold V de Zähringen construíu a catedral, de estilo gótico. Trala súa morte, a cidade pasou ao seu sobriño Egino de Urach, que en 1218 converteuse en duque de Friburgo. En 1368, os cidadáns mercaron a súa independencia por 15.000 marcos de prata. Inmediatamente despois colocáronse baixo a soberanía dos Habsburgo austríacos. No século XV, a sede do Reichstag estivo en Friburgo, que dese modo converteuse na capital de Austria Anterior. En 1457, o duque Alberte VI de Austria fundou a universidade.
A poboación minguou salvaxemente durante Guerra dos Trinta Anos, no século XVII, que ademais deixou a cidade en ruínas. Posteriormente estalaron as guerras entre Austria e Francia, que se intensificaron durante a Guerra de Sucesión polo trono de España. Até 1745, a cidade permaneceu ocupada por Francia e finalmente devolta a Austria.
Durante as guerras da Convención, foi de novo asediada por Francia. En 1803 foi cedida ao duque de Módena, quen a restituíu aos Habsburgo. En 1806, Napoleón Bonaparte integrouna na Confederación do Rin, onde permaneceu ata 1918. En 1817 estableceuse unha diocese eclesiástica en Friburgo, que se converteu pouco despois en sé arcebispal de Renania superior. Nesta época, os políticos liberais Carl von Rotteck e Carl Theodor Welcker ensinaron na súa universidade.
Durante a segunda metade do século XIX, a cidade medrou rapidamente. En 1899 matriculouse na súa universidade a primeira muller alemá que accedeu a estudos superiores. Durante a segunda guerra mundial, o 27 de novembro de 1944 un ataque aéreo aliado destruíu gran parte da cidade, sendo liberada en abril de 1945 polos franceses. Ao ano seguinte creouse o Land de Baden, do cal converteuse en capital. Trala unión con Wurtemberg para crear Baden-Württemberg en 1952, é a sede da presidencia de devandito estado.
Capital da ecoloxía
editarSituada na proximidade da Selva Negra, Suíza e Francia, é a cidade alemá con máis horas de sol. Iso, sumado a unha constante política ecolóxica dos gobernos federal e rexional, fai que Friburgo posúa o maior número de instalacións medioambientais da Unión Europea (UE).
O Instituto para a Ecoloxía ten aquí a súa sede e o Consello Internacional para Iniciativas Medioambientais ten aquí ao seu secretariado europeo. Ademais Friburgo conta co Instituto Fraunhofer para sistemas de enerxía solar e é sede da Sociedade Internacional de Enerxía Solar (ISES). A cidade integra un circuíto para ciclistas duns 400 km de lonxitude, o que demostra o predominio deste medio de transporte en Friburgo.[3]
Ademais, cada ano celébrase no mes de xuño Intersolar, a maior feira da enerxía solar. O que a coloca á cabeza en canto a enerxía solar fotovoltaica refírese.
O seu termo municipal ten unha superficie total de 15.306 ha, das cales 6.533 son de bosque.
Cidades irmandadas
editarFriburgo ten algunhas cidades irmandadas arredor do mundo:
Lugares de interese
editarO seu ben conservado casco antigo e a súa actividade cultural fana ser moi visitada por turistas. Aquí atópase a famosa Catedral de Friburgo, coa "torre máis bela da Cristiandade". É de destacar un dos museos máis grandes da cidade o Augustinermuseum cunha gran colección de arte gráfica e artesanía da comarca.
Friburgo tamén é moi visitada por persoas interesadas nas enerxías renovables e nas súas políticas de desenvolvemento debido ao grande éxito que acadaron na cidade.
Galería
editar-
A Catedral (Münster)
-
Vista dende Schlossberg
-
Porta de Martín (Martinstor)
-
Porta da Suabia (Schwabentor)
-
McDonald's en Martinstor
-
Atalaia no Schlossberg (Aussichtsturm)
-
Casa do Concello
-
A estación central
-
Sala de concertos (Konzerthaus)
-
Teatro Municipal (Stadttheater)
-
Universidade de Friburgo
-
Universidade de Friburgo
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para friburgués.
- ↑ "Freiburg: cidade de sol, bicicletas e muito mais".
- ↑ "Friburgo: paraíso da bicicleta".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Friburgo, Alemaña |