Fragas, Campo Lameiro
Santa Mariña de Fragas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Campo Lameiro. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 605 habitantes (299 mulleres e 306 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 658 habitantes.
Fragas | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Campo Lameiro[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°31′28″N 8°33′27″O / 42.52444444, -8.5575 |
Poboación | 568 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de Santa Mariña de Fragas conserva a fachada románica (do século XII), estando completamente reformado o resto do templo. Sobre a porta existe un sinxelo tímpano no que se representa a un bispo bendicindo ós fieis, acompañado dunha figura cunha cruz e outra cos evanxeos.
No territorio desta parroquia atópase un dos numerosos complexos de petróglifos que existen en Campo Lameiro. Denomínase a Pedra da Boullosa e posúe abondosas insculturas de animais (entre os que destaca unha serpe de case 5 metros de lonxitude), círculos e cazoletas. Tamén pode verse unha figura humana cun pau na man dereita.
Galería de imaxes
editar-
Fachada da igrexa.
-
Tímpano da portada.
-
Detalle dos capiteis.
-
Imaxe de Santa Mariña na porta lateral da igrexa.
-
Pedra da Boullosa.
-
Pedra de San Francisco.
Lugares e parroquias
editarLugares de Fragas
editarLugares da parroquia das Fragas no concello de Campo Lameiro | |
---|---|
Cerdeiras | Fontenla | Gargallóns | A Laxe | Mullerboa | Reboredo | Redonde |