Foxado, Curtis
Santa María de Foxado é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 499 habitantes (250 homes e 249 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación en 38,5[2] km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 536 habitantes.
Foxado | |
---|---|
Igrexa de Foxado | |
Concello | Curtis[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°06′20″N 8°01′00″O / 43.105671, -8.016645 |
Área | 38,5 km² |
Poboación | 385 hab. (2017) |
Densidade | 10 hab./km² |
Entidades de poboación | 31[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.[3]
Toponimia
editarO topónimo «Foxado» faría referencia ás trampas ou foxos para cazaren os lobos que noutrora habitaban na parroquia.[5]
Xeografía
editarA parroquia está bañada polo río Mandeo. Ao seu paso por Curtis recibe as augas do río Portocastro, o Casteirón, o Ramalleira e o Deo, todos eles troiteiros. No último tramo o Mandeo esta represado pola Central Eléctrica da Castellana. Neste pequeno encoro pódense observar varias especies de anátidos, como o lavanco.[6] Desemboca nel o río de Portabenza, que após nacer na parroquia fai de límite co concello de Aranga.
Historia
editarCoa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Foxado perdeu o lugar de Samel, que pasou a formar parte da nova parroquia de Vilarraso, xunto con outros lugares procedentes de Muniferral, Aranga e Curtis.[7] No entanto, a parroquia civil non sofreu perda ningunha e seguiu a ter os mesmos límites xa que, administrativamente, Vilarraso só se formou cos lugares das parroquias pertencentes ao concello de Aranga.[8]
Demografía
editarFoxado xunto coa contigua parroquia de Grixalba (no concello de Sobrado) aparecen no Censo de Pecheros de 1528 con 151 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 teñen 217 veciños, dos cales 215 son pecheros.[9]
Século XVIII
editar1752[10] | 1768[11] | 1787[12] |
---|---|---|
Veciños | Habitantes | |
138 | 637 | 902 |
Século XIX
editar1826[13] | 1836[14] | 1845[4] | 1857[15] | 1860[16] | 1887[17] | 1900[18] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Veciños | 160 | 48 | 184 | 171 | 171 | – | – |
Habitantes | 700 | 240 | 980 | 920 | 977 | 1103 | 1069 |
Dicionarios xeográficos Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC) Censos (poboación de feito)
Século XX
editar1910[18] | 1920[18] | 1930[18] | 1940[18] | 1950[18] | 1960[18] | 1970[18] | 1981[18] | 1986[19] | 1991[18] | 1999[20] | 2000[21] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 1196 | 1227 | 1251 | 1396 | 1294 | 1370 | 1069 | 720 | 695 | 574 | 536 | 525 |
Censos (poboación de feito) Padrón municipal
Século XXI
editar2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
523 | 518 | 511 | 499 | 502 | 491 | 478 | 479 | 455 | 456 |
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
437 | 412 | 409 | 401 | 390 | 378 | 385 | |||
Fonte: IGE (padrón municipal)[22] |
Gráfica de evolución demográfica de Foxado entre 1887 e 2017 |
Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
Patrimonio
editar- Igrexa de Santiago, en Paradela.
- Igrexa de Nosa Señora das Neves, en Foxado.
- Capela de San Xurxo, en Recareo.
- Capela de San Cristovo, que posúe un sarcófago antropomorfo.
- Casa de postas cun escudo en bo estado de conservación.
- Pazo de Abeledo.
- Castro do Castelo, onde apareceu o tesouro de Foxado.
- Castro de Pedreira.
- Castro de Remourán.
- Castro de Vila do Castro.
- Castromelas.
Galería de imaxes
editarLugares e parroquias
editarLugares de Foxado
editarLugares da parroquia de Foxado no concello de Curtis (A Coruña) |
---|
|
Parroquias de Curtis
editarGalicia · Provincia da Coruña · Parroquias de Curtis | |
---|---|
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Páxina oficial do concello de Curtis, datos das parroquias
- ↑ "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 3.12.2018.
- ↑ 4,0 4,1 Madoz, Pascual (1847). Fojado (Sta. Maria de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VIII (Madrid). p. 113.
- ↑ "Achegándonos á toponimia". Son de noso. 6.5.2015.
- ↑ "Santa María de Foxado". Concello de Curtis.
- ↑ "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. pp. 127–128, 142. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 25 de abril de 2019.
- ↑ "Nomenclátor de Galicia: Vilarraso (San Lourenzo)". Xunta de Galicia. Consultado o 4.12.2018.
- ↑ Censo de Pecheros. Carlos I 1528 (PDF) (en castelán) I. Madrid: INE. 2008. pp. 148 e 160.
- ↑ Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 143. ISBN 978-84-260-2716-0.
- ↑ Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 181. ISBN 978-84-260-3760-2.
- ↑ Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3857. ISBN 978-84-260-1970-7.
- ↑ Miñano, Sebastián (1826). Fojado (Santa Maria de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) IV (Madrid). p. 159.
- ↑ Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 142. ISBN 978-84-87819-06-3.
- ↑ Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 247.
- ↑ Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 20–21. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 59.
- ↑ 18,00 18,01 18,02 18,03 18,04 18,05 18,06 18,07 18,08 18,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 61. ISBN 978-84-605-3156-2.
- ↑ Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 33. ISBN 978-84-7191-529-0.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2003", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2006" (XLS); "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018. Instituto Galego de Estatística (IGE).