Fisteus, Curtis
Santa María de Fisteus é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 525 habitantes (273 homes e 252 mulleres) distribuídos en 51 entidades de poboación en 45[2] km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 740 habitantes.
Fisteus | |
---|---|
Igrexa de Fisteus. | |
Concello | Curtis[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°05′46″N 8°06′06″O / 43.0962, -8.101725 |
Área | 45,0 km² |
Poboación | 525 hab. (2018) |
Densidade | 11,67 hab./km² |
Entidades de poboación | 52[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.[3]
Xeografía
editarPola parroquia discorre o río Mendo con pequenos afluentes que, no século XVIII, movían uns vinte e catro muíños fariñeiros. Hoxe a maior parte destes muíños desapareceron ou están en estado de abandono.
Historia
editarA parroquia chegou a ter dous coutos para a administración de xustiza: o de Fisteus e o das Merelas. O couto de Fisteus foi de Señorío de Bernardino Freire Moscoso; e o couto das Merelas era de Señorío do Mosteiro de Sobrado.
Coa aprobación da Constitución de Cádiz, o Antigo Réxime foi abolido durante o período entre 1812 e 1814, momento no cal Fisteus constituíu concello de seu ao se conformaren os primeiros concellos constitucionais. Este concello de Fisteus volveu estar vixente no trienio liberal, de 1820 a 1823, cando os concellos foron restabelecidos. Igual ca Curtis, que tamén conformou concello propio, estaba adscrito ao partido xudicial de Melide.[5]
Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Fisteus perdeu os lugares de Campos e A Lagoa, que pasaron a formar parte da parroquia de Rodeiro (Oza-Cesuras).[6]
O 10 de outubro de 1928 constituíuse a nova parroquia de Santa María de Lurdes, segregándose os seus lugares de Fisteus. Eclesiasticamente obtivo a total independencia após un decreto do arcebispado de Santiago de Compostela do 1 de febreiro de 1929.[7]
En 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, sendo incorporados á parroquia de Curtis os lugares de Campos, Cencasas, Couceiros, A Lagoa e Porto, igual có lugar de Penas do Porto da parroquia de Vilarraso (Aranga).[8]
Demografía
editarNo Censo de Pecheros de 1528, a parroquia ten 97 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 aparece con 68 veciños, dos cales 62 son pecheros.[9] No Censo do Sal de 1631 ten 158 vasalos.[10]
Século XVIII
editar1752[11] | 1768[12] | 1787[13] |
---|---|---|
Veciños | Habitantes | |
193 | 875 | 937 |
Século XIX
editar1826[14] | 1836[15] | 1845[4] | 1857[16] | 1860[17] | 1887[18] | 1900[19] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Veciños | 239 | 159 | 131 | 258 | 259 | – | – |
Habitantes | 1120 | 765 | 692 | 1310 | 1420 | 1562 | 1800 |
Dicionarios xeográficos Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC) Censos (poboación de feito)
Século XX
editar1910[19] | 1920[19] | 1930[19] | 1940[19] | 1950[19] | 1960[19] | 1970[19] | 1981[19] | 1986[20] | 1991[19] | 1999[21] | 2000[22] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 2113 | 2146 | 1807[a] | 2083 | 1954 | 2088 | 1756 | 983 | 835 | 772 | 740 | 725 |
Censos (poboación de feito) Padrón municipal
Século XXI
editar2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
707 | 703 | 696 | 687 | 657 | 646 | 633 | 625 | 599 | 574 |
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
574 | 559 | 546 | 533 | 534 | 535 | 525 | |||
Fonte: IGE (padrón municipal)[23] |
Gráfica de evolución demográfica de Fisteus entre 1887 e 2017 |
Poboación de feito segundo os censos de poboación; aínda cos lugares da futura Santa María de Lurdes. Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
Patrimonio
editarA igrexa de Santa María de Fisteus é do século XIII e a igrexa de San Roque de Xabriño foi construída no século XVIII, xunto coa súa fonte de tres canos.
A casa brasonada de Balter co seu escudo en bo estado de conservación, e o antigo cárcere construído en 1791.
Patrimonio arqueolóxico
editar- Castro de Balter
- Castro de Esmorís
- Castro de Estremil
- Castro de Fisteus
- Castro das Merelas
- Castro do Porto
- Castro da Roda de Dentro, Castro da Roda, Castro dos Godulfes ou A Roda dos Godulfes
Etnografía
editarFisteus na cultura popular
editar- Os de Curtis mataron un burro, / os de Teixeiro comérono crudo / e os de Fisteus mandaron recado / que lles gardaran a punta do rabo.[24]
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de Xabriño
-
Fonte de Xabriño
-
Capela da Illana
-
Antiga baliza quilométrica na DP-3201
Lugares e parroquias
editarLugares de Fisteus
editarParroquias de Curtis
editarGalicia · Provincia da Coruña · Parroquias de Curtis | |
---|---|
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Páxina oficial do concello de Curtis, datos das parroquias
- ↑ "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 3.12.2018.
- ↑ 4,0 4,1 Madoz, Pascual (1847). Fisteus ó Fiteos (Sta. Maria de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VIII (Madrid). p. 104.
- ↑ "Curtis". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 2002. p. 25.
- ↑ "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. p. 143. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 28 de abril de 2019.
- ↑ "Santa María de Lourdes". Concello de Curtis.
- ↑ Vázquez Rouco, Sergio (2002). Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo. Coto - Monasterio - Parroquia (en castelán). Teixeiro. p. 192.
- ↑ Censo de Pecheros. Carlos I 1528 (PDF) (en castelán) I. Madrid: INE. 2008. pp. 238 e 256.
- ↑ Censo de la Sal de 1631 (PDF) (en castelán) I. Madrid: INE. 2015. p. 298.
- ↑ Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 142. ISBN 978-84-260-2716-0.
- ↑ Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 181. ISBN 978-84-260-3760-2.
- ↑ Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3767. ISBN 978-84-260-1970-7.
- ↑ Miñano, Sebastián (1826). Fisteos (Santa Maria de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) IV (Madrid). p. 153.
- ↑ Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 142. ISBN 978-84-87819-06-3.
- ↑ Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 247.
- ↑ Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 20–21. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 58-59.
- ↑ 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 61. ISBN 978-84-605-3156-2.
- ↑ Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 33. ISBN 978-84-7191-529-0.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2003", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2006" (XLS); "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018. Instituto Galego de Estatística (IGE).
- ↑ "Lugar de referencia: Curtis". Portal de ditados tópicos galegos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fisteus, Curtis |
Bibliografía
editar- López Castro, José Antonio (2002). Curtis y Fisteus (A Coruña) (en castelán). Deputación da Coruña. ISBN 84-95335-97-2.
- Sánchez Fernández, Natalia (2021). A toponimia de Fisteus: unha aproximación (PDF) (Traballo fin de grao). Universidade da Coruña.