Festival de Música e Artes de Woodstock
O Festival de Música e Artes de Woodstock foi o festival máis importante de rock and roll da súa época. Celebrouse nunha leira en Bethel, Nova York, durante os días 15, 16 e 17 de agosto de 1969. Aínda que foi proxectado para 60.000 persoas, asistiron arredor de 400.000, a maioría das cales non pagou a entrada.[Cómpre referencia]
Festival de Música e Artes de Woodstock | |
---|---|
Localización | Woodstock, Nova York, Estados Unidos |
Anos | |
Nº edicións | |
Fundadores | |
Data | 15, 16, 17, 18 de agosto de 1969 |
Xénero | Rock, rock psicodélico, hard rock, blues rock, folk rock |
Organizador | Michael Lang (produtor) John P. Roberts Joel Rosenman Artie Kornfeld |
Web oficial | www.woodstock.com |
Na rede |
Historia
editarTodo o evento provocou un gran balbordo, coa conxestión das estradas próximas e a consideración de Bethel como "área de calamidade pública". O Festival de Woodstock representou un fito no movemento de contracultura dos anos 60, e marcou o auxe da era hippie.
Deu nome ó documental Woodstock, producido por Michael Wadleigh en 1970, que gañou un Óscar ao Mellor Documental no ano seguinte.
O festival
editarO festival coñécese polo nome de Woodstock porque era na vila de Woodstock, tamén en Nova York, onde se ía celebrar nun principio. Porén, a vila non ofrecía un espazo que puidese albergar tanta xente. Procurouse outra localización en Wallkill, mais houbo de cancelarse debido á oposición local. Sam Yasgur persuadiu ó seu pai para que permitise que se celebrase no seu campo de alfalfa no Condado de Sullivan, a uns 60 km ao suroeste de Woodstock.
Coas estradas ateigadas de coches, moitos asistentes camiñaron varios quilómetros até chegar á zona de concertos. Choveu durante a fin de semana, os servizos víronse saturados e a xente compartiu xantar, bebida e drogas. Houbo tres mortos[Cómpre referencia]: un dunha sobredose de heroína, outro atropelado por un tractor mentres durmía nun campo, e outro por mor dunha caída.
O mito
editarWoodstock foi idealizado na cultura popular norteamericana como a culminación do movemento hippie: un festival "gratuíto" ao que medio millón de mozos acudiron para celebrar a paz e o amor. Lémbrase especialmente o sentido de harmonía social, a calidade da música, a enorme masa de asistentes e o ambiente, que reflectía as aspiracións dunha época.
Artistas que se presentaron en Woodstock
editarVenres, 15 de agosto
editarO festival abriu oficialmente ás 17 horas con Richie Havens. Este día presentáronse actuacións máis leves, traendo a maior parte dos artistas folck que participaron.
- Richie Havens, abrindo coa súa guitarra de doce cordas e "High Flyin' Bird".
- Country Joe and the Fish, actuación de cinco cancións incluíndo "Janis" e "I-Feel-Like-I'm-Fixin'-to-Die Rag"
- John Sebastian, non convidado oficialmente, mais atopado vagando no medio do público e chamado a participar
- Incredible String Band: "Catty Come", "This Moment Is Different" e "When You Find Out Who You Are"
- Sweetwater, con "Motherless Child", "What's Wrong" e "Why Oh Why"
- Bert Sommer, con "Jennifer", "She's Gone", "Things Are Going My Way" e "Smile"
- Tim Hardin, "If I Were A Carpenter"
- Ravi Shankar, cun repertorio de cinco cancións, foi forzado a saír debido á choiva
- Melanie, "Beautiful People" e "Birthday of the Sun"
- Arlo Guthrie, "Coming Into Los Angeles", "Walking Down The Line" e "Amazing Grace"
- Joan Baez, concluindo unha actuación de cinco cancións con "We Shall Overcome"
Sábado, 16 de agosto
editarAs actuacións comezaron ás 12:15 do mediodía, e trouxo os principais artistas psicodélicos e de rock do festival.
- Quill, con "Waitin' For You"
- Santana: "Persuasion" e "Soul Sacrifice"
- Canned Heat, con "A Change Is Gonna Come" e "Going Up The Country"
- Mountain, que actuaron unha hora
- Janis Joplin, repertorio de dez cancións, incluíndo "Piece of My Heart"
- Sly & the Family Stone comezou ás 1:30 da mañá, con cancións como "Everyday People", "Dance To The Music", "Music Lover", e "Higher"
- Grateful Dead: "St Stephen", "Mama Tried", "Dark Star/High Time" e "Turn On Your Lovelight"
- Creedence Clearwater Revival, presentando "Born On The Bayou", "Bad Moon Rising" e "Suzy Q"
- The Who, comezou ás 3:00 da mañá do domingo, presentando unha longa actuación que incluía "Pinball Wizard" e "My Generation"
- Jefferson Airplane comezou ás 8:00 da mañá, fechando a xornada de sábado con "White Rabbit".
Domingo, 17 de agosto
editarOs concertos comezaron ás 14 horas con Joe Cocker. Os eventos deste día acabarían atrasando a axenda do festival en nove horas, e no solpor o concerto aínda continuaba a pesar de que a maior parte do público xa marchara.
- Joe Cocker, comezou con "Delta Lady", "With A Little Help From My Friends" e outras cancións
- Despois da actuación de Joe Cocker caeu unha forte tromba de auga, atrasando o festival
- Country Joe and the Fish terminou a súa actuación aproximadamente ás 18:00 horas
- Ten Years After, presentando catro cancións, incluíndo "I'm Going Home"
- The Band, con dez cancións
- Blood, Sweat & Tears entrando na madrugada con cinco cancións, incluíndo "Spinning Wheel"
- Johnny Winter presentando "Tobacco Road" e Edgar Winter
- Crosby, Stills, Nash & Young, comezando aproximadamente ás 3:00 da mañá do luns, con temas acústicos e eléctricos por separado
- Paul Butterfield Blues Band, con cinco cancións, incluíndo "Everything's Gonna Be Alright"
- Sha-Na-Na, incluíndo "Who Wrote The Book of Love" e "Duke of Earl"
- Jimi Hendrix, que debería fechar o festival á media-noite, comezou ás 9:00 da mañá. Tocou dezaseis temas, finalizando con "Hey Joe".
Outras edicións
editarPara conmemorar os 25 anos do superevento, 250.000 persoas reuníronse no Woodstock 94, en Saugerties, a 135 km de Nova York. Pagaron 135 dólares para oír a corenta grupos de rock. Outra edición celebrouse en 1999, rexistrando altos índices de violencia. O evento mostrouse economicamente inviábel e foi a última tentativa, fracasada, de revivir o mito de "paz e amor" do Woodstock orixinal.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Festival de Música e Artes de Woodstock |