Ferrari 195 Inter
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Ferrari | |
---|---|
Información | |
País | Italia |
Fabricante | Ferrari |
Produción | 1950-1951, 27 unidades |
Sucesor | Ferrari 212 Inter |
Carrocería | Cupé |
Motor | V 12 de 60º e 2341 cc |
Potencia | 130 cv a 6000 rpm. |
Longo | |
Largo | |
Alto | |
Peso | 950 kg. |
Tracción | Traseira, caixa de cambios manual de 5 velocidades |
Suspensión | Independente dianteira |
Freos | Tambor nas 4 rodas |
Prestacións | 192 km/h., aceleración 0-100: 9.9 s. |
Pneumáticos | |
Outros datos | |
[1] |
O 195 Inter é un gran turismo producido por Ferrari en 1950, semellante ao 166, diferenciándose fundamentalmente no seu motor, o V12 de 60 graos subiu a súa cilindrada a 2341 cc, elevando ademais a súa potencia ata os 130 HP. A súa velocidade final é de 192 km/h e aceleraba de 0 a 100 km/h en 9.9 segundos. Presentado no Salón do automóbil de París de 1950, estaba dirixido aos clientes adiñeirados. Do mesmo xeito que o último dos 166 Inters, a distancia entre eixes aumentouse 80 mm a 2500 mm, pero a versión de 2´3 L (2.341 cc) do motor Colombo V12 foi o verdadeiro elemento diferenciador. Foron construídas 27 carrozarías en menos dun ano. O máis potente (pero polo demais similar) Ferrari 212 Inter foi presentado no Salón de París de 1951 e sobreviviu ao 195.
Exteriormente o 195 Inter non tivo moitos cambios respecto ao 166 Inter. A venda da nova versión foi menor á do seu antecesor, 27 modelos do 195 contra 36 do 166.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferrari 195 Inter |