Fernando Echavarri
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Fernando Echavarri Erasun, nado en Santander o 13 de agosto de 1971, é un regatista galego de orixe cántabra, campión mundial da clase tornado. Criado en Pontevedra, compite no Real Club Náutico de Sanxenxo, habitualmente facendo parella na clase tornado con Antón Paz.
Biografía | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Fernando Echávarri Erasun 13 de agosto de 1972 (52 anos) Santander, España | |||||||||||||||
Altura | 180 cm | |||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||
Ocupación | regatista | |||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | |||||||||||||||
Deporte | vela | |||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||
2016 | Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Nacra 17 (pt) (11º) | |||||||||||||||
2008 | Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Tornado (pt) (1º) | |||||||||||||||
2004 | Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 2004 - Tornado (pt) (8º) | |||||||||||||||
Premios | ||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFillo dun médico santanderino trasladado a Pontevedra, medrou como deportista en Galicia: aos oito anos xa practicaba a vela na ría. Echavarri comezou navegando na clase infantil optimist e aos 15 anos pasa a láser, categoría que cinco anos despois (1992) é sinalada como olímpica para os vindeiros Xogos de Atlanta.
En primavera de 1993, entra por primeira vez no equipo preolímpico de España como número dous da clase láser, e proclámase subcampión estatal en 1994, 1995 e 1996. Non participa nos Xogos de Atlanta, e en 1997 forma equipo con Antón Paz na clase tornado para tentar acceder aos Xogos de Sydney, pero quedaron cualificados como equipo B e non acudiron á cita olímpica.
A primeira participación olímpica de Echavarri e Paz ten lugar en 2004, onde obteñen unha oitava praza. En 2005 proclámanse campións do mundo de tornado en La Rochelle, campións de Europa en Vastervik e de España en Palma (triunfo este que obtiveron consecutivamente dende 2000 a 2007), e dominan a maior parte das probas do circuíto euroolímpico. Por iso a ISAF os nomea mellores navegantes do ano e concédelles o Rolex-ISAF ao Regatista Mundial do Ano.
En 2006 participa Echavarri en tres tiradas da edición de 2005-06 da Volvo Ocean Race dentro da tripulación do barco español Movistar, e en clase tornado consegue, sempre canda Paz, o campionato Suramericano e a sexta posición no mundial, celebrado nas augas arxentinas de San Isidro. Pero o máximo trofeo mundial volveu ao seu barco en 2007, neste caso nas augas portuguesas de Cascais, o que lles outorgou a clasificación directa para os Xogos de Beixín.
Principais títulos
editar- Medalla Olímpica de Ouro na clase tornado nos Xogos Olímpicos de 2008
- Campión do mundo de tiger en 2005
- Campión do mundo de tornado en 2005 e 2007
- Elixido, canda Antón Paz, mellor regatista do mundo en 2005 pola Federación Internacional de Vela
- Sétimo clasificado, e diploma olímpico, na proba de clase tornado dos Xogos Olímpicos de Atenas
- Campión de España na categoría tornado en todas as tempadas entre 2000 e 2007
- Cuarto clasificado na Spa Regatta (2001) e no Campionato de Europa de Cagliari de clase tornado (2003).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Web do deportista". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 27 de xuño de 2018.
- Ranquin mundial da Federación Internacional de Vela (en inglés)