[go: up one dir, main page]

Faina Melnik

atleta soviética

Faina Grigorievna Veleva-Melnik (en ruso: Фаина Григорьевна Велева-Мельник; en ucraíno: Фаїна Григорівна Велєва-Мельник), nada en Bakota o 9 de xuño de 1945 e finada en Moscova o 16 de decembro de 2016, foi unha lanzadora de disco soviética, campioa olímpica en 1972. Durante a súa carreira estableceu once récords mundiais.[1][2]

Modelo:BiografíaFaina Melnik

(década de 1970) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata
Bakota, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte16 de decembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Troyekurovskoye (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow State University of Medicine and Dentistry (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso88 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaLanzamento de disco Editar o valor en Wikidata
Participou en
1980Xogos Olímpicos de 1980
1976Xogos Olímpicos de 1976
1972Xogos Olímpicos de 1972 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVelko Velev Editar o valor en Wikidata
Premios

IAAF: 14357305 Olympic.org: faina-melnik Find a Grave: 174029631 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Faina Melnyk nun selo armenio de 2010

Melnik era xudía e naceu en Bakota, Ucraína.[2] Nos Xogos Olímpicos de 1972 rompeu tres veces o récord mundial, establecéndoo en 66,62 metros. Xa batera o récord do mundo nos Campionatos Europeos de Atletismo de 1971, representando á Unión Soviética.[3] En 1976 realizou o seu mellor lanzamento con 70,50 m, mais só puido acabar cuarta nos Xogos Olímpicos de 1976. Neses xogos tamén competiu en lanzamento de peso, finalizando décima. Nos seguintes Xogos non conseguiu chegar á final de disco.[1]

Continuou a lanzar despois do Xogos, conseguindo o récord do mundo máster na división W35, que segue en vigor desde 1980.[4]

Melnik graduouse na Universidade Estatal de Moscova de Medicina e Odontoloxía e posteriormente traballou como dentista e adestradora de atletismo en Moscova. Entre as súas pupilas estiveron Natalya Lisovskaya e Svetlana Krivelyova. Melnik casou con Velko Velev, lanzador de disco búlgaro que tamén competiu nos Xogos Olímpicos de 1976 e 1980.[1]

Serviu de inspiración para Miss Trunchbull no conto infantil Matilda, de Roald Dahl.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 Faina Melnik. Sports-reference.com.
  2. 2,0 2,1 Taylor, Paul (2004). Jews and the Olympic Games: The Clash Between Sport and Politics : with a Complete Review of Jewish Olympic Medallists. Sussex Academic Press. pp. 236–. ISBN 978-1-903900-87-1. 
  3. "Soviet Woman Sets World Discus Mark". New York Times. 13 de agosto de 1971. Consultado o 26 de marzo de 2022. 
  4. Records Outdoor Women Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. world-masters-athletics.org
  5. "16 Seemingly Competent Movie Villains Who Were Foiled By Kids". Ranker. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar