[go: up one dir, main page]

Estado Novo ou II República Portuguesa é o nome do réxime político que tivo lugar durante 41 anos en Portugal de forma ininterrompida, desde 1933, coa aprobación dunha nova Constitución por plebiscito nacional, até 1974, coa Revolución dos Cravos.[1][2]

Modelo:Xeografía políticaEstado Novo

HimnoA Portuguesa Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°42′46″N 9°09′19″O / 38.7128, -9.1553
CapitalLisboa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.168.071 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación19 de marzo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Disolución25 de abril de 1974 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porTerceira República Portuguesa Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoautocracia Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaEscudo portugués Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Características

editar

Este período dictatorial, autoritario e corporativista, caracterizouse pola centralización do poder, a represión das liberdades civís e políticas, e a censura dos medios de comunicación. O sistema corporativista organizaba a sociedade en corpos ou gremios, controlados polo Estado, eliminando a participación política libre e a pluralidade de partidos.

Tratouse da ditadura máis longa na Europa Occidental durante o século XX. Alongouse durante 48 anos, incluíndo a ditadura militar de 1926 a 1933 e o Estado Novo que abrangue o período entre os anos 1933 e 1974. [Cómpre referencia]

O réxime mantivo unha política colonialista e resistiu as correntes democráticas que se espallaban por Europa, sendo finalmente derrubado en 1974.[3]

Terminoloxía

editar

Coa designación Estado Novo pretendíase dicir que se iniciaba unha nova fase política do país, diferente da Primeira República Portuguesa.[Cómpre referencia]

A pesar de que o período era formalmente a Segunda República Portuguesa, tanto Salazar como o seu sucesor Marcelo Caetano evitaron empregar ese termo, entre outras cousas por teren apoios monárquicos.[4]

É tamén chamado Salazarismo, malia que este último termo pode tamén ser aplicado ao período en que António de Oliveira Salazar gobernou, é dicir, desde a súa ascensión ao cargo de Presidente do Consello de Ministros en 1932 até o seu afastamento por doenza en 1968. Salazar foi substituído despois por Marcelo Caetano, xefe do Goberno entre 1968 e 1974. Non obstante, esta última designación revela que o Estado Novo estaba moi centrado e dependía profundamente da figura de Salazar, o seu fundador e "xefe".[Cómpre referencia]

Caetano asumiuse como "continuador" de Salazar pero, varios autores prefiren dar un nome de seu a este período do Novo Estado e falan de Marcelismo.

Aínda que Marcelo Caetano tentou renomear publicamente o réxime ou designalo como “Estado Social”, simulando o resultado dun pacto social que, nos termos liberais, nunca existiu, esa designación nunca enraizou.

 
Desfile de Gomes da Costa e as súas tropas após a Revolução de 28 de Maio de 1926
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal
  1. Accornero, Guya (2013-10). "Contentious politics and student dissent in the twilight of the Portuguese dictatorship: analysis of a protest cycle". Democratization (en inglés) 20 (6): 1036–1055. ISSN 1351-0347. doi:10.1080/13510347.2012.674367. 
  2. Oliveira, Pedro Aires (2017-08). "A Sense of Hopelessness? Portuguese Oppositionists Abroad in the Final Years of the Estado Novo, 1968–1974". Contemporary European History (en inglés) 26 (3): 465–486. ISSN 0960-7773. doi:10.1017/S0960777317000248. 
  3. Maxwell, Kenneth (1995). The Making of Portuguese Democracy. Cambridge University Press. p. 23. 
  4. O período da historia de Portugal que se corresponde coa actual democracia instaurada após a Revolución do 25 de abril de 1974 é formalmente chamado Terceira República, cuxo nome oficial é simplemente República Portuguesa.

Véxase tamén

editar

----

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.