Elvira Bao
Elvira Bao Maceiras, nada na Coruña en 1890 e finada na mesma cidade o 26 de abril de 1971,[1] foi unha mestra galega e militante do nacionalismo e republicanismo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Elvira Bao Maceiras 1890 A Coruña, España |
Morte | 26 de abril de 1971 (80/81 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Familia | |
Cónxuxe | Bernardino Varela do Campo |
Traxectoria
editarEn 1906 obtivo o título de Mestra Elemental na Escola Normal da Coruña. Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora.
No ámbito político, foi unha activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo Secretaria da súa Xunta Directiva en 1918 e colaborou tamén no seu Cadro de Declamación como actriz. Foi proposta como mestra da escola feminina das Escolas de Ensino Galego creadas polas Irmandades na Coruña. Porén, non puido exercer o cargo pola falta de solicitudes[2] e a repentina enfermidade dos seus pais.[3] Foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva, integrada por outras destacadas republicanas como Amparo López Jeán. Como consecuencia do seu activismo político, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público. En 1945 puxo escola privada na súa casa do barrio coruñés de San Roque de Fóra até que un desprendemento de retina lle impediu o exercicio da profesión.
Recoñecementos
editarO 8 de marzo de 2017 inaugurouse na Coruña unha praza co seu nome[4] e ao ano seguinte unha residencia universitaria.[5]
Vida persoal
editarCasou con Bernardino Varela do Campo en 1923,[6] e foi nai de Elvira e de Bernardino Varela Bao.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-4-1971, p. 4.
- ↑ Ínsua, Emilio Xosé (venres, 6 de maio de 2016). "As “Escolas do Insiño Galego”: unha experiencia pedagóxica das Irmandades da Fala". A ínsua do Ínsua. Consultado o 2022-08-03.
- ↑ Obelleiro, María (2016-05-18). "Elvira Varela, testemuña viva das Irmandades: "O que hai agora, todo o que hai, é por elas"". Nós Diario. Consultado o 2022-08-03.
- ↑ O alcalde reivindica no Día das Mulleres "a loita contra o feminicidio para non permitir unha soa vítima máis das violencias machistas"
- ↑ "A Residencia Universitaria Elvira Bao xa é unha realidade" Arquivado 13 de novembro de 2018 en Wayback Machine. Deputación da Coruña.
- ↑ El Progreso, 30-8-1923 agosto 30
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elvira Bao |
Bibliografía
editar- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Pereira Martínez, Carlos (1998). "Mulleres e República. Aproximación ás asociacións de mulleres progresistas na Coruña republicana" (PDF). Anuario Brigantino (21): 255–290.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Elvira Varela Bao Arquivado 07 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (2013). Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
- Obelleiro, María (16/5/2016). "Elvira Varela, testemuña viva das Irmandades: «O que hai agora, todo o que hai, é por elas»" Arquivado 11 de marzo de 2018 en Wayback Machine. Sermos Galiza.