[go: up one dir, main page]

Departamento do Paso de Calais

departamento francés

Paso de Calais[1] (62) (en francés: Pas-de-Calais) é un departamento francés da rexión de Alta Francia que debe o seu nome ó paso de Calais, estreito que o separa de Gran Bretaña.

Modelo:Xeografía políticaDepartamento do Paso de Calais
Pas-de-Calais (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoPaso de Calais Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°57′N 1°51′L / 50.95, 1.85
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAltos de Francia Editar o valor en Wikidata
CapitalArras Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.461.441 (2021) Editar o valor en Wikidata (217,93 hab./km²)
Xeografía
Superficie6.706 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoRelais de Bullescamps (en) Traducir (211 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación4 de marzo de 1790 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor en WikidataMichel Dagbert Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativodepartmental council of Pas-de-Calais (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-62 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFR302 Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE62 Editar o valor en Wikidata

Páxina webpas-de-calais.pref.gouv.fr Editar o valor en Wikidata
Twitter: pasdecalais62 Instagram: le_pasdecalais BNE: XX453477 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Paso de Calais foi un dos 83 departamentos franceses creados durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789. Foi constituído a partir de diversas rexións: o Boulonnais, o Calaisis, o Artois e unha parte do Ponthieu.

Xeografía

editar

Paso de Calais forma parte da rexión francesa de Alta Francia. Está rodeado polos departamentos de Norte e Somme e ten costa na Canle da Mancha e o Mar do Norte.

As principais cidades son: Arras, Boulogne-sur-Mer, Calais, Liévin, Hénin-Beaumont, Bruay-la-Buissière.

Cursos de auga: Authie, Canche, Ternoise, Liane, Sensée, Scarpe, Deûle, Lys, Aa.

Demografía

editar

Paso de Calais é un dos departamentos máis poboados e máis urbanizados de Francia. Aínda así non hai ningunha gran cidade: a aglomeración de Calais supera apenas os 100 000 habitantes contando a súa área urbana, seguida de preto por Boulogne-sur-Mer e Arras; Saint-Omer conta tamén cunha aglomeración importante de máis de 50 000 habitantes.

Pero a zona máis densamente poboada é a chaira mineira que se desenvolveu durante o s. XX, ó leste do departamento. Non se atopan grandes cidades, pero ó redor de vilas importantes como Lens, Liévin, Béthune, Bruay-la-Buissière, Hénin-Beaumont etc. unha chea de pequenas vilas están próximas unhas a outras, formando unha vasta conurbación que se prolonga polo departamento de Norte ata Douai e Valenciennes. Estas aglomeracións forman un conxunto case continuo de máis de 1,2 millóns de habitantes (dos que máis da metade viven en Paso de Calais). Pola contra, o centro e o sur do departamento son moi rurais (pero tamén densamente poboados), e contan con numerosas pequenas aldeas e vilas.

Ata a primeira guerra mundial, a actividade mineira mantiña un crecemento demográfico elevado (700.000 habitantes alá polo 1850, case 1.000.000 en 1900). O conflito afectou directamente ó departamento (que coñeceu a ocupación alemá e foi un dos principais campos de batalla), pero a poboación volveu medrar xusto despois da contenda, ata chegar ó 1.200.000 habitantes. Despois da crise económica de 1929, outro período de decrecemento tivo lugar, prolongado pola segunda guerra mundial. Despois de 1945, o crecemento volveu coa reconstrución e a poboación aumentou netamente durante unha vintena de anos, de 1.168.545 en 1946 ata 1.397.159 en 1968. Dende entón o número de habitantes estancouse (1.441.568 en 1999): a poboación é nova e o número de nacementos é moito maior que o de defuncións, pero o saldo migratorio é ben negativo a causa do declive das actividade mineiras e das industrias ligadas. Algunhas cidades que non viviran máis que das minas perderon ata a metade da súa poboación no percorrer do último medio século.

Cultura

editar

Por non ter unha grande cidade, Paso de Calais quedou moito tempo sen universidade. En 1992, a universidade de Artois e a Université du Littoral viñeron reparar esta anomalía. Estas universidades presentan a particularidade de ser multipolares e interdepartamentais: Arras, Béthune, Douai, Lens e Liévin para unha e Boulogne-sur-Mer, Calais, Dunkerque e Saint-Omer para a outra.

Varios

editar

Paso de Calais é o departamento que ten o maior número de concellos (894). Case todos pertencen a estruturas intermunicipais.

  1. «Roubaix». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1837. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar