Década de 1710
Segundo milenio | |||||
Século XVIII | |||||
| |||||
|
1710
- Artigo principal: 1710.
1711
- Artigo principal: 1711.
Acontecementos de maior duración
1712
- Artigo principal: 1712.
África
- Inicio do reinado de Biton Coulibaly, no reino Bambara do Níxer (até 1755). (Royaume bambara de Ségou) jusqu'en 1755. Asenta o seu poder sobre un exército de antigos escravos e soldados inimigos capturados.
- Comezo do reinado de Andrianamboniarivo, fillo de Andriamandisoarivo, rei Sakalava de Boina, en Madagascar (v. 1712-1722).
Europa
- 29 de xaneiro: apertura do congreso de Utrecht (Países Baixos) para negociaren a paz entre os Aliadoss e a Casa de Borbón.
- 4 de xullo: Le Quesnoy, defendido por 2.000 homes, réndese logo dun asedio de quince días. Dous terzos da gornizón escapa xunto o seu xefe, o gobernador La Badie, ao cal o rei francés Lois XIV encarcera na Bastilla, ao considerar esa fuxida como unha deserción.
- 24 de xullo: vitoria vital das tropas francesas de Villars e de Montesquiou-d’Artagnan sobre os austíacos, os holandeses e os alemáns do prince Euxenio na batalla de Denain.
- Setembro: os británicos retíranse de Cataluña.
- 5 de novembro: O rei de España Filipe V renuncia aos seus dereitos á coroa de Francia, tanto para el como para os seus descendentes.
- 7 de novembro: armisticio franco-portugués.
- 25 de xullo: vitoria das tropas protestantes de Zürich e Berna sobre dos católicoss do Valais na batalla de Villmergen.
- 11 de agosto: sinatura do tratado de Aarau que instaura a liberdade relixiosa en Suíza.
1713
- Artigo principal: 1713.
- Remata a Guerra de sucesión española.
- Tratado de Utrecht.
- España perde a Rocha de Xibraltar e a illa de Menorca.
1714
- Artigo principal: 1714.
África
- Ahmed Bey declárase independente dos otománs, fundando a dinastía karamanlí en Trípoli.
- Mozambique - Os portugueses constrúen un forte en Zombo, no límite de navegabilidade do río Zambeze.
Europa
- 3 de marzo : Tratado de Rastatt entre Francia e o Imperio austríaco, asinando a da Guerra de Sucesión española, confirmando os acordos de Ryswick. O emperador recibe os Países Baixos, o Milanesado, Nápoles-Sicilia e a illa de Sardeña, a custo de España. Filipe V é recoñecido como rei de España, sempre que renuncie á coroa de Francia. Luxemburgo pasa tamén a Austria.
- 26 de xuño : Tratado de Utrecht entre España e as Provincias Unidas.
- 1 de agosto : Comezo do reinado de Xurxo I de Inglaterra (até 1727). Hannover e a Gran Bretaña teñen o mesmo monarca.
- 11 de setembro : Barcelona cae baixo os exércitos coaligados de Francia e España durante o asedio da cidade, que dirixe o duque de Berwick, logo da retirado dos austríacos como consecuencia do tratado de Rastatt.
1715
- Artigo principal: 1715.
América
- 6 de febreiro : Portugal obtén a Colonia do Sacramento na marxe esquerda do río da Prata, como consecuencia da guerra de Sucesión de España.
Europa
- Lois XV de Francia accede ó trono.
Arte e cultura
- Igrexa do convento das Capuchinas, A Coruña, polo arquitecto galego Fernando de Casas Novoa.
1716
- Artigo principal: 1716.
- Créase a Intendencia de Galiza, con sede na Coruña.
1717
- Artigo principal: 1717.
- 4 de xaneiro, Países Baixos, Inglaterra e Francia forman a Tripla Alianza.
Arte e cultura
- Iníciase a edificación do mosteiro de Mafra, Portugal, con trazas do alemán Ludwig.
- Antoine Watteau pinta o "Embarque para Citera", hoxe no Museo do Louvre, París.
1718
- Artigo principal: 1718.
- 11 de agosto - Batalla de Cabo Passaro: en augas italianas unha escuadra española é destruída por outra inglesa ao mando do almirante Byngs.
- Aplícase nas Illas Baleares un decreto prohibindo o catalán e obrigando a españolizar as illas.
- As alfándegas interiores do País Vasco, sitas cerca do río Ebro (Vitoria, Orduña), son trasladadas á fronteira con Francia, por orde do ministro Giulio Alberoni, o que provoca revoltas, que obrigan a repoñelas onde estaban en 1723.
1719
- Artigo principal: 1719.
- 10 de xuño - A Prusia realiza o primeiro Censo de poboación da Europa.