Década de 1530
Segundo milenio | |||||
Século XVI | |||||
| |||||
|
1530
- Artigo principal: 1530.
- 1 de novembro - Un erro nos diques dos Países Baixos mata 400 000 persoas.
1531
- Artigo principal: 1531.
América
- 24 de xuño, fundación da cidade de San Juan del Río, Querétaro (México)
- 24 de xullo, fundación da cidade de Santiago de Querétaro, terceira cidade do vicerreinado da Nova España.
- Guerra Civil peruana: Batalla de Huamachucu - o exército de Atahualpa, a mando do seus xenerais, derrota as tropas de Huáscar.
- Francisco de Pizarro comeza a conquista do Perú.
Europa
- 26 de xaneiro, un terremoto causa centos de mortos en Lisboa.
- 1 de outubro, Batalla de Kappel, as tropas católicas dos cantóns suízos derrotan os protestantes de Zürich.
- Iníciase o cisma anglicano.
Ciencia e tecnoloxía
- Aparición do cometa Halley.
1532
- Artigo principal: 1532.
América
- Chegada dos españois ao Perú.
- 13 de xaneiro - Unha real cédula asinada en Sevilla prohibe marcar aos indios con ferros candentes.
- abril - Guerra Civil peruana - Batalla de Quipa-Hipa: Atahualpa vence as tropas do seu irmán Huáscar, e ordena a matanza de gran número de inimigos sobreviventes.
- 10 de novembro - Francisco Pizarro envía emisarios perante Atahualpa que lle notifican os seus desexos de ter unha entrevista co soberano inca.
- 16 de novembro - Francisco Pizarro fai prisioneiro a Atahualpa cando este visitaba o campamento español.
Europa
1533
- Artigo principal: 1533.
África
- Ahmed Al-Ghazí, sultán de Harrar, invade Etiopía. A cidade santa de Lalibela é saqueada polas súas tropas.
América
- 21 de xaneiro - o hispano Pedro de Heredia funda Cartaxena de Indias, na costa atlántica de Nova Granada, a actual Colombia.
- 15 de novembro, Francisco Pizarro entra en Cuzco.
- Comezo do reinado do inca Manco Cápac II (até 1537).
- Sebastián de Benalcázar toma a cidade de Quito.
Europa
- 25 de xaneiro, o rei Henrique VIII de Inglaterra casa con Ana Bolena, a súa segunda raíña consorte.
1534
- Artigo principal: 1534.
América
- Sebastián de Belalcázar e Diego de Almagro fundan a cidade de Santiago de Quito, actual capital do Ecuador.
- A cidade de Jauja (Perú), fundada por Francisco Pizarro, é trasladada á súa actual localización.
Europa
- Fundación da Compañía de Xesús (dos xesuítas) por santo Ignacio de Loyola.
Oriente Próximo
- O sultán otomán Suleimán o Magnífico, en guerra con Persia, toma as cidades de Tabriz en Persia e Bagdad, Iraq.
1535
- Artigo principal: 1535.
América
- 18 de xaneiro - Francisco Pizarro funda a cidade de Lima.
- 10 de marzo - Descubrimento das Illas Galápagos por Tomás de Berlanga, bispo de Panamá.
- Creación da Real Audiencia de Panamá.
Asia
1536
- Artigo principal: 1536.
- 2 de febreiro - Pedro de Mendoza funda o "Porto de Nosa Señora María do Bo Aire" (actual Bos Aires).
- 21 de marzo - Diego de Almagro chega ao val de Copiapó, descubrindo Chile.
- 2 de maio - Ana Bolena é detida e encerrada na Torre de Londres.
- 18 de abril - Manco Inca Yupanqui rompe cos conquistadores españois, foxe de Cuzco e organiza a resistencia inca no Perú. Semanas despois ataca o asentamento español de Lima e pon baixo sitio a cidade de Cuzco.
- 30 de maio - Celébrase o matrimonio entre Henrique VIII de Inglaterra e Jane Seymour.
- 11 de xuño - Primeiro asentamento da cidade de Bos Aires por Pedro de Mendoza.
- 25 de xullo - Fundación da cidade colombiana Santiago de Cali, por Sebastián de Belalcázar.
- 3 de setembro - Xoana, Raíña de Castela, ordena a oficiais de Nova Cádiz (Estado Nova Esparta - Venezuela) enviar mostras do "azeite petrolio" que había na zona.
1537
- Artigo principal: 1537.
- 15 de agosto, fundación de Asunción, en Paraguai.
- Bula do papa Paulo III declarando que os indios son homes verdadeiros e capaces de dispor da súas persoas e dos seus bens.
Arte e cultura
- Albrecht Altdorfer pinta "Lot e as súas fillas".
1538
- Artigo principal: 1538.
- 6 de abril - Batalla das Salinas - Diego e Hernando Pizarro vencen as tropas de Diego de Almagro, en Cachipamba, o Perú.
- 6 de agosto, fundación de Bogotá.
- 6 de decembro - Ante as protestas polo o excesivo número de europeos estranxeiros que aflúen en América, o emperador Carlos V prohibe que os seus súbditos non casteláns poidan acceder ao Novo Mundo, revogando así unha orde contraria de 1526.
Ciencia e tecnoloxía
- Gerardus Mercator, cartografía de América.
1539
- Artigo principal: 1539.
- Fundación de Santa Fe de Bogotá.
- Iníciase a construción da nova edificación do mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos (actual provincia de Lugo).