Cabaciña
Este artigo trata sobre a cabaza, para as plantas herbáceas chamadas cabaciñas "Silene latifolia" e "Silene dioica" véxase artigo subiote.
Cabaciña | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabaciña | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Cucurbita pepo L., 1753[1] |
A cabaciña é unha variedade da especie de cucúrbita (Cucurbita pepo), unha planta herbácea anual da familia das cucurbitáceas, oriúnda de América do Norte, cuxo froito se emprega como alimento. Na actualidade é tamén cultivada extensamente en todo o mundo. Dependendo da variedade, a cabaza varía en forma e tamaño. A cabaciña coñécese internacionalmente cos nomes zucchini (do italiano) e courgette (do francés). En portugués coñécese como aboborinha, en castelán coma calabacín e en inglés marrow ou squash.
Descrición
editarÉ unha planta rastreira que pode chegar aos 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero e sarmentoso e con follas pubescentes, lobuladas e acorazonadas. As grandes flores amarelas son unisexuais; as masculinas teñen os estames soldados en forma de piar e en ambos sexos o cáliz está unido á corola.
Os froitos son oblongos e varían moito en tamaño, dependendo da variedade. A pela é lisa e dura e tamén varía na cor. As variedades que se sementan en maio ou xuño son de pela averdada-abrancazada, mentres que as sementadas polo outono son de tona escura.
Como todas as cucurbitáceas, Cucurbita pepo hibrida doadamente con outras especies afíns; esa é unha das causas da frecuente confusión entre as mesmas, das cales algunhas (como Cucurbita maxima e Cucurbita moschata) se cultivan tamén polo seu froito. Existen multitude de cultivares de diferentes cores e tamaños; as máis grandes chegan a pesar entre 18 a 36 kg.
Composición
editarCucurbita pepo ten un alto contido en auga (93%), é rica en minerais, especialmente potasio, vitamina C e β-caroteno.
Táxones infra-específicos
editarSó 3 están aceptados[2]:
- Cucurbita pepo subsp. ovifera (L.) D.S.Decker
- Cucurbita pepo subsp. pepo
- Cucurbita pepo var. texana (Scheele) D.S.Decker.
Sinonimia
editar
|
|
- Pepo redinum calabacinum
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Balconmicrobio.com (como cultivar unha cucurbita pepo nunha horta urbana).
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cabaciña |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabaciña |