O equipo foi fundado en abril de 1918 e ao ano seguinte dáse de alta na Federación Asturiana de Fútbol. Ata o ano 1990 xogou en categorías rexionais. O seu maior éxito deportivo foi o ascenso a Segunda División B na campaña 1997/98, dirixidos por Marcelino García Toral, aínda que descendeu de categoría a tempada seguinte. O ascenso produciuse tras eliminar na liguilla ao Betanzos CF, á Gimnástica Segoviana CF e ao Real Madrid C.
O 25 de maio de 2014 conseguiu un novo ascenso á 2ª B, disputando a súa segunda tempada na categoría de bronce en toda a súa historia. Xogou catro tempadas na categoría, volvendo a caer a Terceira na 2017/18. Non perdeu ningún partido de liga nas seguintes dúas tempadas, nas que acabou primeiro e xogou dúas fases de ascenso, logrando subir de categoría no segundo dos intentos. Xa de volta en Segunda B o Lealtad entrou na historia do fútbol español ao alongar a súa xeira de partidos de liga consecutivos invicto ata os 69, superando a marca de 67 do CD Ourense dos anos 60.[1] Foi o Numancia quen conseguiu derrotar ao Lealtad en novembro de 2020, dous anos e medio despois da súa anterior derrota en liga.[2]
- Primeiro uniforme: camiseta negra cunha franxa diagonal branca, pantalón branco e medias negras.
- Segundo uniforme: camiseta branca e pantalón negro e medias brancas.
Disputa os seus partidos como local no estadio Les Caleyes, con capacidade para 3000 espectadores. Os seus equipos de fútbol base xogan no campo Nuevo Villazón, de herba sintética.
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ª B: 6 (Incluída a 2020/21)
- Tempadas en 3ª: 25