[go: up one dir, main page]

Claudio Eliano (en latín Claudius Ælianus, en grego antigo Κλαύδιος Αἰλιανός) foi un escritor e compilador romano nado en Praeneste en 175 e finado arredor do 235[1]. Escribiu en grego.

Modelo:BiografíaClaudio Eliano

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Claudius Aelianus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) Κλαύδιος Αἰλιανός Editar o valor en Wikidata
165 (Gregoriano) ↔ 175 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Palestrina, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte235 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, zoólogo, mestre, historiador, orador, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Ælia′nus, Claudius Editar o valor en Wikidata
BNE: XX963905

Traxectoria

editar

Estudou retórica co sofista Pausanias[2] e foi un admirador de Herodes Ático. Morreu solteiro sen descendencia.

As obras de Eliano, escritas en grego antigo, son recompilacións doutras obras da literatura ática clásica. Consérvanse tres escritos.

  • "Historia Varia" (Ποικίλη ἱστορία - Historia Varia ): 14 libros con miscelánea anecdótica sobre a natureza e sobre homes e pobos notábeis. O manuscrito máis antigo data do século X e está no Codex Ambrosianus.
  • "Sobre a natureza dos animais" (Περὶ ζῴων ἰδιότητος - De natura animalium ): 17 libros, dos que só quedan fragmentos, unha recompilación de historias e lendas sobre animais. O manuscrito máis antigo data do século X (Codex Parisinus).
  • "Cartas Rústicas" (Ἐπιστολαὶ ἀγροικικαί - Epistulae rusticae ), unha colección de 20 cartas de temática predominantemente erótica, cuxa autenticidade é dubidosa, tamén no Codex Ambrosianus.

Outras obras coñécense só polo seu título ou algúns escasos fragmentos: Sobre a arte adivinatoria (Περὶ προνοίας), sobre a actividade directiva dos deuses (Περὶ θείων ἐναργειῶν) e unha acusación contra un home efeminado que podería pensarse que era contra o emperador Heliogábalo.

  1. «Aelianus» in: Bibliotheca Augusta, Universidade de Augsburg
  2. Albrecht Dihle, Die griechische und lateinische Literatur der Kaiserzeit. (en alemán), Editorial C.H.Beck, 1989, páxina 245, ISBN 9783406337949 (en galego: A literatura grega e latina no tempo dos emperadores)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar