Cornielles de Holanda
Cornielles de Holanda, chamado tamén Cornelis de Holanda, foi un escultor do século XVI de orixe flamenga que traballou en Galiza.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1495 (Gregoriano) |
Morte | 1547 (Gregoriano) (51/52 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Obras
editarEn 1520 realizou o retablo da capela maior da catedral de Ourense. A peza ten cinco corpos e seis columnas, representando escenas da vida de Xesús Cristo e a Virxe María. Destacan as esculturas da columna central de tres corpos, correspondentes a San Martiño, a Asunción da Virxe e a Piedade.
Na igrexa de Santiago de Betanzos fixo a capela de San Pedro e San Pablo, tamén chamada do Arcediago, por ser encargada polo arcediago Pedro López de Ben. O retablo, de estilo plateresco, encaixa coa bóveda de estilo gótico tardío atribuída a Guillén de Bourse. O conxunto complétase cos sepulcros do fundador e outros familiares e unha reixa gótica de ferro fundido atribuída tamén a Cornelis.
Na catedral de Lugo construíu o retablo do altar maior, que sufriu graves danos no terremoto de Lisboa de 1755; os dous fragmentos maiores salvados encóntranse colocados nos extremos da nave do cruceiro do templo.
Na basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, aparece documentada a súa presenza a partir de 1538, cando deu poder a Sebastián Barros para «labrar e hedificar» na nave do lado nordeste. Participou na portada sur con Jácome García e en 1540 iniciou a gran fachada principal en colaboración co mestre de obras da catedral, o portugués João Nobre «para hacerla entrambos a dos de por medio»[1]. A fachada está construída a xeito de retablo con tres corpos e numerosas figuras escultóricas, similar á custodia da catedral de Santiago realizada por Enrique de Arfe. No Museo de Pontevedra hai unha imaxe de San Sebastián atribuída a Cornelis[2].
Deseñou tamén a capela da Concepción da catedral de Santiago de Compostela e a capela do Hospital Real de Santiago.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Otero Pedrayo, R.: Guía de Galicia. Ed. Galaxia, 1980. ISBN 978-84-7154-365-3.
- Castillo Fondevilla, María Esther (1998). "Santa María la Mayor de Pontevedra". En Gómez Rodríguez, José Antonio. Arte e identidades culturales. Homenaje a D. Carlos Cid Priego. Actas del XII Congreso Nacional del Comité Español de Historia del Arte, CEHA. Oviedo 28, 29, 30 de septiembre y 1 de octubre 1998 (PDF) (en castelán). Oviedo: Universidade de Oviedo. pp. 563–572. ISBN 84-8317-083-3.