Concepción Pérez Iglesias
María de la Concepción Pérez Iglesias, nada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 1881[1] e finada en Lantaño en decembro de 1939,[2] foi unha mestra e política galega. En 1925 converteuse na primeira alcaldesa de Galicia e unha das primeiras de España,[3] no concello de Portas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de la Concepción Pérez Iglesias 12 de decembro de 1881 Santiago de Compostela, España |
Morte | decembro de 1939 (57/58 anos) Lantaño, España |
Lugar de sepultura | Lantaño |
Alcaldesa de Portas | |
9 de xaneiro de 1925 – 23 de xaneiro de 1930 | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestra, política |
Traxectoria
editarConcepción estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, e aos vinte anos obtivo o título de mestra. Cara a 1907 foi destinada á escola nacional de nenas de Portas. En 1908 casou con Amador Méndez Santamaría, veciño da parroquia de Godos, e fixou a súa residencia en Lantaño.
O 9 de xaneiro de 1925 foi elixida alcaldesa de Portas, cargo que desempeñou até o 23 de xaneiro de 1930. Tralo cesamento Concepción seguiu exercendo como mestra, ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe, en Santiago, onde permaneceu ata os últimos anos da súa vida profesional.
Foi soterrada o 12 de decembro de 1939 no cemiterio parroquial de Lantaño.
Predecesor: Cesáreo Besol Oria |
Alcaldesa de Portas 1925 - 1930 |
Sucesor: ? |
Notas
editar- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 102.
- ↑ El Correo Gallego, 17-12-1939, p. 2.
- ↑ "La primera alcaldesa de España", artigo no blog do Centro de Estudios Borjanos, 19 de xuño de 2016 (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo. ISBN 978-84-9121-464-9. OCLC 1135271442