China Eastern Airlines
China Eastern Airlines Corporation Limited (chinés simplificado: 中国东方航空公司; chinés tradicional: 中國東方航空公司, coloquialmente coñecida como 东航/東航) é unha aeroliña baseada no China Eastern Airlines Building, nos sotos do aeroporto Internacional Hongqiao en Shanghai, China. É unha gran aeroliña chinesa que opera voos internacionais, domésticos e rexionais. Os seus principais centros de operacións son o aeroporto Internacional Pudong e o aeroporto Internacional Hongqiao, ámbolos dous en Shanghai, e ten centros secundarios no aeroporto Internacional de Kunming Changshui e no aeroporto Internacional Xianyang. China Eastern Airlines é a segunda aeroliña chinesa en número de pasaxeiros. A compañía e a súa subsidiaria Shanghai Airlines convertéronse no 14º membro da alianza SkyTeam o 21 de xuño de 2011.[1] No ano 2012 China Eastern Airlines transportou 73,08 millóns de pasaxeiros cunha media de ocupación do 73%.[2]
China Eastern Airlines 中国东方航空公司 | ||
---|---|---|
IATA MU | OACI CES | Indicativo CHINA EASTERN |
Fundación | 25 de xuño de 1988 | |
Plan de voo frecuente | Eastern Miles | |
Alianza | SkyTeam | |
Subsidiarias | China Cargo Airlines China United Airlines Shanghai Airlines | |
Frota | 376 | |
Destinos | 211 | |
Eslogan da compañía | Traveling the globe, making dreams come true | |
Sede | Shanghai, China | |
Páxina web: http://global.ceair.com/ |
Frota
editarAvión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
P | J | Y | Total | ||||
Airbus A319-100 | 27 | – | — | 8 | 114 | 122 | |
Airbus A320-200 | 144 | 86 | — | 8 | 150 | 158 | Operador máis grande do A320. Entregas ata 2017. |
Airbus A321-200 | 37 | — | — | 20 | 157 | 177 | |
Airbus A330-200 | 23 | 7 | — | 24 | 240 | 264 | |
Airbus A330-300 | 13 | — | — | 38 | 260 | 298 | |
Airbus A340-600 | 5 | — | 8 | 42 | 272 | 322 | Serán retirados cara 2015.[3] |
Boeing 737-300 | 16 | — | — | 8 | 120 | 128 | Serán substituídos por A320 e 737 NG |
Boeing 737-700 | 48 | — | — | 8 | 126 | 134 | |
Boeing 737-800 | 37 | 33 | — | 8 | 162 | 170 | |
Boeing 777-300ER | — | 20 | 6 | 52 | 258 | 316 | Substituíndo aos A340-600, serán entregados en setembro de 2014. |
COMAC C919 | — | 20 | - | ||||
Embraer ERJ 145 | 10 | — | — | — | 50 | 50 | |
Total | 373 | 150 |
Notas
editar- ↑ Air Transport World (ed.). "China Eastern becomes 14th SkyTeam member". Consultado o 29 de xullo de 2014.
- ↑ China Eastern (ed.). "Anuncio de resultados do ano 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2014.
- ↑ Centr for Aviation (ed.). "China Eastern to purchase 777–300ER aircraft, to divest five A340-600s to Boeing". Consultado o 3 de setembro de 2014.