Cereo, Coristanco
Santa María de Cereo[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 284 habitantes, sendo 125 homes e 159 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 415 habitantes (214 mulleres e 201 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 468 habitantes.
Cereo | |
---|---|
Concello | Coristanco[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°12′28″N 8°48′08″O / 43.20763889, -8.80219444 |
Poboación | 284 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía física
editarBañada polo río Anllóns e polo seu afluente o río Calvar.
Vexetación
editarAs dúas especies arbóreas máis abundantes son os piñeirais, sobre todo nos montes que rodean a Vilaverde ou polo leste do monte do Monelo. No resto de superficie arborada ou ben hai un equilibrio entre estes e os eucaliptos ou sobresae o eucalipto que, en moitos casos, avanza de xeito natural pero imparable. Na beira do río Anllóns son moi abondosas as plantas de ribeira: salgueiros, ameneiros, bidueiros e sanguiños. Hai tamén algún que outro bo exemplar solto de carballo. [2]
Relevo
editarA parte central, máis aplanada, foi aproveitada para establecérense nela os principais núcleos de poboación pola súa maior facilidade para traballala. Nela destaca a suave pero nidia inclinación cara ao norte desde os 180 m da aldea do Cotón ata os 50 do leito do río Anllóns. O máis destacado da parte oriental é un pequeno outeiro ao leste de Vilaverde con caídas suaves pola parte occidental pero con fortísimos desniveis pola parte que dá á paraxe do Refuxio de Verdes, produto da tectónica xa que está orixinada por unha falla que aproveitou o río para encaixarse e seguir un trazado máis ben recto ata chegar a outra falla perpendicular á anterior o que fai que o río describa un ángulo recto e colla decididamente a dirección da Pontedona. [2]
Hidrografía
editarA principal corrente fluvial da parroquia é o río Anllóns que non chega a entrar nela pero que lle serve de linde, xunto co pequeno Lodeiro durante case 4 km. Do interior só cabe mencionar o ínfimo regato de Portocelo de apenas 1 km de lonxitude. [2]
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de Santa María de Cereo foi reconstruída en 1868, pero conserva un retablo barroco do século XVII.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cereo
editarLugares da parroquia de Cereo no concello de Coristanco (A Coruña) | |
---|---|
Cereo Vello | O Cotón | A Cruz de Agrelo | Fonte Lamela | Gulúa | A Hedrada | Lodeiros | Ponteciñas | Pousada | Vilaverde |
Parroquias de Coristanco
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Domínguez Rial, Evaristo (2015). Coristanco.As súas parroquias. Embora edicións. ISBN 978-84-16456-10-9.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Parroquias de Cereo e Verdes. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2002.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |