Valenza, Coristanco
San Pedro de Valenza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 341 habitantes, sendo 171 homes e 170 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 479 habitantes (249 homes e 230 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 505 habitantes.
Valenza | |
---|---|
San Pedro de Valenza | |
Concello | Coristanco[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°11′48″N 8°48′24″O / 43.19675, -8.80672222 |
Poboación | 341 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarValenza pode estar relacionado coa forma valentia derivada do verbo latino valere (valer,ser forte), por referencias a fortes ou fortalezas antigas. Bustelo, de bustelludiminutivo de bustu(busto funerario,tumba ou lugar onde se queimaban os cadáveres), debeu chegar a significar pastadoiro de gando ou pequena extensión de terra destinada a pasto de gando. Castrobó, alusión a un recinto fortificado clara, indicando na segunda parte a condición da súa calidade e bondade, tamén indicaría fortaleza ou fortín; o que parece claro é que alí non existiu castro ningún. Lestón pode referirse a un lugar abundante nunha planta chamada lesta recendente de talo sempre ergueito, con follas planas e longas. Portoquintáns: porto pode aludir a un paso terrestre entre montañas ou a un paso acuático, mesmo de barcas; quintáns viría de quintus,-a,-um que nun principio puido significar a quinta parte dun terreo ou herdade e , máis tarde, calquera territorio cercado,máis ou menos grande. O Ramallón é posible que faga alusión a unha rama moi grande dunha árbore a un cruzamento de varios camiños. A Ribela, diminutivo de ripa co significado de ribeira e indicaría un asentamento nunha aba ou ladeira dunha montaña. A Serra parece relacionado cunha elevación montañosa.[2]
Hidrografía
editarO único curso de auga que pode ser destacado é o rego do Grelo, que ten un curso duns 4,5 km dentro da parroquia. Nace a rentes da aldea de Bustelo e toma unha dirección sur-norte. Incúrvase logo cara ao nordés para ir xuntarse co río Calvar, un pouquiño ao leste de Portoquintáns. Un ínfimo regato, afluente do anterior sería o Martiño, nado no monte homónimo ou o rego de Fontes, que mana do Picho de Fontes e que se xunta co Grelo, preto de Valenza. Unha boa parte do linde con Corcoesto está ocupado polo rego do Lourido, cun minúsculo subsidiario: o rego de Batán, que nace preto do Ramallón.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Valenza
editarLugares da parroquia de Valenza no concello de Coristanco (A Coruña) | |
---|---|
Bustelo | Castrobó | A Costa | Lestón | Portoquintáns | O Ramallón | A Ribela | A Serra | Valenza |
Parroquias de Coristanco
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ 2,0 2,1 Domínguez Rial, Evaristo (2015). Coristanco. As súas parroquias. Embora edicións. ISBN 978-84-16456-10-9.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |