Carlos Arroyo
Carlos Alberto Arroyo Bermúdez, nado o 30 de xullo de 1979 en Fajardo, Porto Rico, é un ex xogador de baloncesto profesional portorriqueño, que xogaba de base. Arroyo foi o quinto xogador de Porto Rico en xogar na National Basketball Association (NBA). Na tempada 2008-09, xogou para o Maccabi Tel Aviv na Israeli Basketball Super League, gañando o campionato e sendo nomeado o mellor xogador da final.
Arroyo xogou na NBA, NCAA, e na Liga de baloncesto de Porto Rico cos Cangrejeros de Santurce e os Cariduros de Fajardo. Arroyo tamén xogou en España, no TAU Cerámica e no FC Barcelona. Foi membro da selección portorriqueña de baloncesto que derrotou aos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 2004. Tamén representou a Porto Rico no Mundial de Baloncesto do Xapón no ano 2006.