Cardume
Un cardume,[1] tamén coñecido como fieiro[2] ou armeiro,[3] é o substantivo colectivo que designa un grupo de peixes, normalmente da mesma especie e do mesmo grupo de idade, que nadan como se fosen un único individuo.
Este tipo de comportamento, moi común nos peixes peláxicos, pode considerarse unha adaptación evolutiva, dado que supón moitas vantaxes para a especie: permite que un maior número de individuos se manteña nunha zona con mellores condicións de vida, respecto á temperatura ou a alimentación[4].
Ademais, permite que durante a reprodución sexan fecundados un maior número de óvulos, dado que os peixes peláxicos adoitan ter unha fecundación externa.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cardume.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fieiro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para armeiro.
- ↑ "Sobre os cardumes e a reprodução dos peixes" Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., artigo de Armando de Luca en www.360graus.com.br] (en portugués) (consultado o 8 de xuño de 2009).
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |