[go: up one dir, main page]

O óvulo é a célula sexual ou gameto feminino. Trátase de células grandes, esféricas e inmóbiles. O óvulo é unha célula haploide producida polo ovario portadora do material xenético e capaz de ser fecundada por un espermatozoide, formándose entón un cigoto. Nas plantas e algas adóitaselle chamar oosfera.

Aparato reprodutor feminino.
Imaxe dun óvulo humano.

Produción

editar

Nos humanos

editar

Os óvulos son as células máis voluminosas do corpo humano. Neles, desde a puberdade, cada 28 días aproximadamente, madura un óvulo formado por meiose nun dos ovarios e pasa a unha das trompas de Falopio, nun proceso chamado ovoxénese, que se manifesta tamén a través do proceso periódico da ovulación. A célula sofre dúas divisións meióticas ata completar a súa formación: na primeira das dúas divisións, a causante da redución do número de cromosomas, iníciase durante o desenvolvemento embrionario e queda interrompida durante a profase I. Renóvase a partir da puberdade, cando en cada ciclo madura un folículo e o ovocito que envolve, completándose a primeira división, que produce un ovocito secundario, e arrincando a segunda. A segunda división meiótica queda á súa vez interrompida, e non se completa ata que non ocorre a fecundación, se é que esta chega a producirse. Logo de completar a meiose das ovogonias, ademais dun ovocito formáronse dous corpos polares, o primeiro sendo a célula irmá do ovocito secundario, e o segundo a do óvulo.

O ovolema é o nome que recibe a membrana plasmática dun ovocito.

Nas plantas

editar
Artigo principal: Óvulo (botánica).

Nas plantas chámaselle óvulos aos primordios seminales, que son macrosporanxios (órganos produtores de esporas femininas), mentres que os gametos femininos (células sexuais femininas) reciben o nome de oosferas ou ovocélulas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar