Cancelo, Triacastela
San Cristovo de Cancelo é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 79 habitantes (33 homes e 46 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.
Cancelo | |
---|---|
Concello | Triacastela[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°46′14″N 7°12′15″O / 42.77055556, -7.20413889 |
Poboación | 62 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xentilicio
editarO seu xentilicio é cancelato[2].
Patrimonio
editarEn Cancelo atópase a Cova Eirós, onde se encontraron restos de Homo neanderthalensis, 93 motivos de arte rupestre e máis de dez mil rexistros e pezas, o que a converten nun dos depósitos de referencia para o estudo da evolución dos modos de vida, da tecnoloxía, da fauna e das condicións paleoclimáticas das comunidades de cazadores recolectores que viviron hai 40.000 anos.
Na parroquia tamén se encontra a igrexa de San Cristovo de Cancelo, con pinturas do século XVI.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cancelo
editarLugares da parroquia de Cancelo no concello de Triacastela (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Triacastela
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 29. Consultado o 22 de xullo de 2021.