[go: up one dir, main page]

Camilo Díaz Baliño

escritor e artista galego

Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889[1] e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.

Modelo:BiografíaCamilo Díaz Baliño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1889 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
San Pedro, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, debuxante, cartelista, escritor, escenógrafo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Influencias en
Familia
CónxuxeAntonia Pardo Méndez (7/5/1887-4/12/1938) Editar o valor en Wikidata
Fillostres: María, Mercedes e Isaac Editar o valor en Wikidata
IrmánsIndalecio Díaz Baliño
Ramiro Díaz Baliño
Lolita Díaz Baliño Editar o valor en Wikidata
Sinatura

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 11137 BNE: XX955415 BUSC: diaz-balino-camilo-1889-1936 Nomes e Voces: 6507

Traxectoria

editar

Foi fillo de Germán Díaz Teijeiro, comerciante natural e veciño de Ortigueira, e Camila Baliño López, de Ferrol. Camilo estudou en Ferrol no Colexio Dequidt e alí compartiu aulas con Francisco Franco. En 1905 trasladouse a Madrid pensionado pola deputación da Coruña, pero como non chegou a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 volveu a Madrid, contratado polo ministerio de Graza e Xustiza, e estudou escenografía. Participou na Exposición Rexional de 1909, na que obtivo medalla de ouro. En 1916 iniciou a súa relación profesional e persoal co empresario de cines Isaac Fraga (que sería padriño do seu fillo Isaac). Participou na Exposición Rexional de Arte Galega celebrada na Coruña en 1917. En 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu na rúa das Hortas o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou a Madrid entre 1922 e 1924. Participou na Exposición Rexional Galega de Belas Artes de Santiago de 1923. En 1925 ingresou como delineante interino no concello de Santiago e despois obtivo o posto en propiedade. De xaneiro a maio de 1931 a Coral de Ruada fixo unha rolda de concertos pola Arxentina, o Uruguai e o Brasil na que Díaz Baliño foi o escenógrafo. Participou na Exposición de Arte Galega celebrada no Colexio de San Clemente no verán de 1926.

Foi membro das Irmandades da Fala desde 1918 e do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e militante do Partido Galeguista (1931). Fixo relatos e ocasionalmente poesías que apareceron publicados na prensa galega da época, sobre todo en A Nosa Terra, cun forte estilo patriótico.[2] Deseñou a capa de varios libros, entre eles as obras publicadas na colección Lar. Da súa imprenta tamén saíu o cartel en prol do 'Si' no plebiscito de 28 de xuño de 1936 do Estatuto de Autonomía de Galicia.[3]

 
Carné de correspondente de LAR.

Pertenceu á masonería, que foi perseguida polo seu propio irmán Gonzalo, membro da milicia de Los Caballeros de La Coruña e da Brigada de Investigación y Vigilancia.[4]

Detido ao comezo da guerra civil española, estivo na prisión de Santiago de Compostela, nos baixos do Pazo de Raxoi. Estando prisioneiro debuxou nun caderno retratos dos seus vinte e seis compañeiros,[5] o que foi o seu derradeiro traballo. Sen ser sometido a xuízo, foi trasladado ao cárcere de Arzúa, onde estivo só unhas horas; pouco despois tres falanxistas,[6] o Solla, o Xerpe e o Baluxa,[7] asasinárono en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936, cando contaba con corenta e sete anos de idade.[8] O seu cadáver apareceu, canda o de Sixto Aguirre, á beira da estrada en Saa, na parroquia de Meixide (Palas de Rei).

Hai obra súa no Museo do Pobo Galego, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, no Museo Provincial de Lugo e no Museo Provincial de Pontevedra.

Vida persoal

editar

Foi irmán dos tamén artistas Indalecio (1896-1952), Ramiro (1902-1972) e María Dolores Díaz Baliño (1905-1963).[3] En 1909 casou con Antonia Pardo Méndez, coa que tivo tres fillos: María del Milagro Antonia "Marujita" (1911-1917)[9][10], Mercedes "Chita" (1916) e Isaac (1920-2012). Antonia, de familia anarquista, compartía o ideario galeguista de Camilo e afiliouse ás Irmandades da Fala. Tralo fusilamento do seu marido, perdeu a consciencia e finou de cancro dous anos despois que o seu marido, en decembro de 1938[11].

Obra bibliográfica

editar

Outros libros ilustrados por Camilo Díaz Baliño

editar

Obra belenística

editar

Na década de 1920, Díaz Baliño recibiu a encarga para deseñar un belén para a igrexa parroquial de Santa Marta de Ortigueira, que se rematou en 1924. É un belén de dimensións considerables, delimitado por lonas sostidas por bastidores de madeira, que aparenta un escenario con diversos planos. Os decorados reflicten imaxes do antigo Exipto, pero tamén figuran paisaxes do Ortegal, terra de seu pai e que o propio Camilo visitou en diversas ocasións.[13][14] Posteriormente tamén deseñou os fondos do belén da Grande Obra de Atocha na Coruña.[15][16][17]

Legado

editar

O seu fillo, Isaac Díaz Pardo, que tiña quince anos cando mataron o pai, reuniu parte da súa obra no Instituto Galego de Información, fundado en 1977 e pertencente ao Grupo Sargadelos. O fondo foi cedido despois, para a súa clasificación, custodia e difusión, á Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia[18] e pode consultarse na biblioteca virtual Galiciana.[5] Está composto por arredor de 200 fotografías, relatos, unha pequena biblioteca e 10 álbums que recollen toda a súa actividade profesional en América, ademais dun centenar de cartas e documentos persoais. Destacan tamén os debuxos realizados na cadea.

Recoñecementos

editar

A cidade de Ferrol fíxolle unha homenaxe en 1959, colocando o seu busto en bronce no Cantón de Molíns. Unha praza de Santiago de Compostela, diante da estación de autobuses, e unha rúa de Oleiros, levan o seu nome.

O escritor Manuel Rivas evocou a estadía dos represaliados no cárcere do Pazo de Raxoi no seu libro O lapis do carpinteiro (1998, Xerais), novela da que se faría a película homónima, estreada en 2003, dirixida por Antón Reixa, na que Carlos Blanco Vila interpreta a Gonzalo Rincón, o pintor.

En 2018 dedicóuselle o Día da ilustración a Camilo Díaz Baliño.[19]

Galería de imaxes

editar
  1. A Colección Lar está composta por 40 títulos, coa mesma cuberta, mudando a cor.
  2. Probablemente a edición correspondese á tenda de obxectos de escritorio El Sol, propiedade de Román López López. O libro é un álbum de fotografías de 29x23 cm, en ocogravado, de 40 páxinas máis unha páxina dobre, con imaxes de Compostela.
  3. Editouse en dous volumes, o segundo é un álbum con 29 láminas fotográficas en b/n.
  4. A portada foi impresa por Roel, pero as páxinas interiores, tituladas Autonomía Gallega. El Estatuto de Galicia y La Asamblea Regional de Municipios, foron impresas por Tipografía «El Eco de Santiago».
  5. A portada contén un debuxo de Camilo Díaz de 1915 (segundo pon baixo a súa sinatura), que foi impreso orixinalmente por Ferrer, aínda que a portada do 47 foi impresa na "Imprenta Paredes", en Santiago. Este mesmo debuxo aparece publicado en El Ideal Gallego do 25 de xullo de 1923 cunha breve explicación (Galiciana).
Referencias
  1. Certificado de nacemento
  2. Vilavedra 1995, p. 173.
  3. 3,0 3,1 Mogo, Arturo (10/2/2018). "Sargadelos, Isaac Díaz Pardo e seu pai Camilo Díaz Baliño". La Comarca del Eo (5109): 5. 
  4. Mera Costas, Pilar (2014). Perseguidos en el limbo. La primera represión de la masonería gallega (1936-1939) (en castelán). Historia Actual Online. pp. 93–105. ISSN 1696-2060. 
  5. 5,0 5,1 Obras de Camilo Díaz Baliño Arquivado 01 de agosto de 2018 en Wayback Machine. en Galiciana.
  6. Gómez, Joel (30/1/2018). "Luís Pasín: «As ilustracións de Camilo Díaz Baliño no cárcere evidencian un gran artista»". La Voz de Galicia. 
  7. Montero, Tamara (30/1/2018). "Camilo Díaz Baliño: o ilustrador da simboloxía de Galicia". La Voz de Galicia. 
  8. Camilo Díaz Baliño na base de datos do proxecto Nomes e voces.
  9. "Ecos de Sociedad. Bautizo". El Eco de Galicia (en castelán) (A Coruña). 25/4/1911. p. 1. 
  10. "Esta madrugada subió al cielo...". El Ideal Gallego (en castelán) (A Coruña). 11/4/1917. p. 3. Esta mañana subió al cielo, a los seis años de edad, la niña Marujita Díaz, hija de nuestro querido compañero, el redactor artístico, Don Camilo Díaz Valiño 
  11. "Necrolóxica de Antonia Pardo Méndez". Hoja Oficial del Lunes (en castelán) (A Coruña). 5/12/1938. p. 3. 
  12. Iglesias, Xabier: Conto de guerra en Os libros de Ánxel Casal, 1/4/2016.
  13. Rivera, Iria-Friné (18 de decembro de 2018). "Unha estrela ao Norte: o belén de Camilo Díaz Baliño". Revista Terras do Ortegal. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  14. En Ortigueira un «belén» excepcional obra del ferrolano Camilio Díaz Baliño (1924)
  15. El belén de la grande obra de Atocha (1923)
  16. Belén da Grande Obra de Atocha
  17. Ortigueira e Exipto, unidos pola obra de Camilo Díaz Baliño
  18. Alvarellos, Quique (22/1/2017). "O galpón da Tumbona". La Voz de Galicia (en castelán). 
  19. "Día da Ilustración 2018" Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar