[go: up one dir, main page]

O termo basílica provén do latín basilica que á súa vez deriva do grego βασιλική (foneticamente, basiliké) que significa 'rexia ou real' (fem.), e vén ser unha elipse da expresión completa βασιλική οἰκία (basiliké oikía) que quere dicir «casa real». Unha basílica era un suntuoso edificio público que nas antigas Grecia e Roma adoitaba destinarse ao tribunal, e que nas cidades romanas ocupaba un lugar preferente no foro.

Basílica do Sacré Cœur (París).
Basílica de San Marcos (Venecia).
Basílica de Salta (Arxentina).

Máis adiante, os cristiáns aproveitaron a forma basilical e, en moitos casos, os propios edificios romanos para utilizalos como recinto relixioso oficial para a celebración da liturxia. Despois de que o Imperio romano volvésese oficialmente cristián, o termo usouse tamén para referirse a igrexas, xeralmente grandes ou importantes, ás que se outorgaron ritos especiais e privilexios en materia de culto. Neste sentido utilízase hoxe a denominación, tanto desde o punto de vista arquitectónico, como relixioso.

Basílica litúrxica

editar

Con independencia do seu trazado arquitectónico, unha igrexa pode titularse «Basílica» por prerrogativa do Romano Pontífice. Así, en sentido litúrxico, son basílicas todas aquelas igrexas que, pola súa importancia, polas súas circunstancias históricas, ou por aspectos de certo relevo, obteñan ese privilexio papal. Distínguense as basílicas maiores e as basílicas menores.

Basílicas maiores

editar

En principio chamáronse así a sete das basílicas con que contaba Roma. Eran estas:

Actualmente só as catro primeiras seguen sendo hoxe chamadas basílicas maiores. Caracterízanse, entre outras cousas, porque no seu altar (altar papal) só pode oficiar o papa. Estas catro basílicas maiores e a basílica menor de San Lourenzo Extramuros (que carece dunha porta santa) son denominadas en conxunto basílicas patriarcais (Pentarquía).

Basílicas menores

editar

Chámaselles basílicas menores ao resto das igrexas romanas que teñen funcións parroquiais ou ben son títulos cardealicios ou diaconados.

Os papas, ademais, concederon o título de basílica menor, cos mesmos privilexios que as igrexas romanas, a outros templos do mundo católico, mediante breve pontificio ou rescrito. A partir da constitución apostólica Pastor Bonus do 28 de xuño de 1988 referida á nova ordeación da Curia romana, é competencia da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos a concesión do título de basílica menor.

En 2006 había oficialmente 1506 basílicas en todo o mundo. Todas as catedrais posúen o título de Basílica menor, aínda que hai algunhas catedrais que solicitaron o título de «basílica menor» por separado (estas son coñecidas como catedrais-basílica).

En Galicia teñen a condición de basílica as catedrais de Santiago, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui, a Concatedral de Vigo, a Basílica de San Martiño de Mondoñedo e a Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar