Baliceaux
Baliceaux é unha das illas Granadinas que se atopan entre as illas caribeñas de San Vicente e Granada. Politicamente, é parte da nación de San Vicente e as Granadinas.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Granadinas | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Granadinas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Granadinas (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Mar Caribe | |||
Características | ||||
Altitude | 3 m | |||
Historia
editarDescuberta polos navegantes españois durante o século XV, esta illa de 1´35 km² gozou dunha longa e interesante historia. Durante as guerras cos Caribe 1769 - 1795, Gun Hill, a case 126 metros sobre o nivel do mar é o punto máis alto da illa, serviu como posto de observación para os soldados entre 1772-1797. A illa foi o lugar onde o exército Inglés desterrou preto de 5000 indios caribes trala derrota do xefe Caribe Joseph Chatoyer na década de 1790. A metade deles morreron neste campo de concentración. Os outros foron deportados á illa de Roatán, Honduras. Os seus descendentes viven hoxe en día como o pobo garífuna en Honduras, Belize, Guatemala, Nicaragua e nos EUA Como un sinal de respecto, Baliceaux é visitado anualmente polos caribes e os funcionarios do Goberno para recordar eses feitos.
No ano 2016, a illa é privada e atópase á venda por 30 millóns de dólares americanos. Aínda que coa forte oposición dos descendentes dos alí falecidos que o consideran unha profanación.
Xeografía
editarO terreo é ondulado, coa súa contorna paradisíaco de praias brancas, outeiros, prados, vales, outeiros, cantils, bosques e carreiros que serpentean ao longo do terreo exuberante da illa. Protexida por arrecifes e bordeada por augas cristalinas e praias de area branca en po, a illa préstase perfectamente para o mergullo, natación e vela. Máis actividades de tempo libre inclúen pesca e senderismo.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baliceaux |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |