[go: up one dir, main page]

Muhi-ud-Din Muhammad,[1] nado o 3 de novembro de 1618 e finado o 3 de marzo de 1707,[2] coñecido polo alcume de Aurangzeb (en persa, "ornamento do trono")[1] ou polo seu título real Alamgir (en persa, "Conquistador do Mundo"),[3] foi o sexto emperador mogol, que gobernou por completo o subcontinente indio durante un período de 49 anos.[4][5][6] Considerado o último gobernante efectivo do Imperio Mogol,[7] Aurangzeb recompilou o Fatawa-e-Alamgiri, e está acreditado como un dos poucos líderes que estableceron totalmente a Xaria e a economía islámica en Asia Meridional.[8][9]

Modelo:BiografíaAurangzeb

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fa) اورنگ‌زیب عالمگیر Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1618 Editar o valor en Wikidata
Panchmahal district, India (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 1707 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Ahmadnagar, India (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Aurangzeb (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mughal emperor (en) Traducir
31 de xullo de 1658 – 3 de marzo de 1707
← Shah JahanMaomé Azam (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Imperio mogol Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaMughal dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDilras Banu Begum
Aurangabadi Mahal
Nawab Bai
Udaipuri Mahal Editar o valor en Wikidata
FillosZeb-un-Nisa
 () Dilras Banu Begum
Maomé Sultão de Mogol
 () Nawab Bai
Zinat un-nisa
 () Dilras Banu Begum
Bahadur I
 () Nawab Bai
Badr-un-Nissa Begum
 () Nawab Bai
Zubdat-un-Nissa
 () Dilras Banu Begum
Maomé Azam
 () Dilras Banu Begum
Maomé Akbar
 () Dilras Banu Begum
Mehr-un-Nissa
 () Aurangabadi Mahal
Maomé Kam Bakhsh
 () Udaipuri Mahal Editar o valor en Wikidata
PaisShah Jahan Editar o valor en Wikidata  e Mumtaz Mahal Editar o valor en Wikidata
IrmánsJahanara Begum
Gauhar Ara Begum
Roshanara Begum
Shah Shuja
Prince Dārā Shikūh
Murad Bakhsh Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Au′rungzebe
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata

Como líder militar,[10] Aurangzeb foi un destacado expansionista; durante o seu reinado, o Imperio Mogol acadou a súa máxima extensión, dominando case todo o subcontinente indio.[11] Durante a súa vida, as vitorias no sur aumentaron o imperio a catro millóns de quilómetros cadrados,[12] e gobernou unha poboación estimada de máis de 158 millóns de persoas,[11] cuns ingresos anuais de 450 millóns de dólares (máis de dez veces os do seu contemporáneo Lois XIV de Francia),[13] ou 38 624 680 libras (2 879 469 894 rupias) en 1690. Baixo o seu reinado, a India superou a China Qing como a maior economía e potencia fabricante mundial, cun valor de máis de noventa mil millóns de dólares, case un cuarto do produto interior mundial e máis que toda Europa Occidental.[14]

Aurangzeb destacou pola súa piedade relixiosa, recompilou o Corán por completo, estudou os hadiths e observou os rituais do islam.[15][16] Ao contrario dos seus predecesores, incluído o seu pai Shah Jahan, Aurangzeb considerou que o tesouro real debía conservarse para os cidadáns do imperio.[16][17] Non gozou dunha vida de luxo e os seus gastos persoais e a construción de pequenas mesquitas cubriunas coas súas propias ganancias, que incluían a costura de capas e o comercio das súas copias escritas do Corán.[18][19] Tamén patrocinou traballos de caligrafía islámica e árabe.[20]

Aurangzeb foi obxecto de críticas e controversias.[21] Os críticos argumentan que as súas políticas abandonaron o legado de pluralismo e tolerancia relixiosa dos seus predecesores, citando a introdución do imposto jizya, a destrución de templos hindús, a execución do seu irmán máis vello Dara Shukoh, rei Sambhaji de Maratha[22][23] e o noveno gurú sikh Tegh Bahadur,[24][25] e a prohibición e supervisión do comportamento e as actividades que estaban prohibidas no islam como as apostas, a bebida, a música e o sexo prematrimonial.[26][27] Pénsase ás veces que a caída do imperio mogol comezou preto da fin do seu reinado, debido á súa intolerancia política e relixiosa.[28] Varios historiadores cuestionan a historicidade das afirmacións dos seus críticos, discutindo que a súa destrución de templos foi esaxerada,[29][30] que empregou significativamente máis hindús na burocracia imperial que os seus predecesores e que se opuxo á intolerancia contra os hindús e os xiítas.[31]

Aurangzeb tamén foi coñecido como Amir al-Mu'minin (líder dos fieis) e foi comparado con outros notables gobernantes musulmáns como o califa Umar e Saladin.[32][33][34] Foi unha figura prominente, admirada e controvertida nas culturas musulmá, bengalí, paquistaní e india.[35][36][37][38]

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Aurangzeb era o terceiro fillo do emperador Sha Jahan (construtor do Taj Mahal). O seu irmán máis vello, Dara Shikoh, era o herdeiro, mentres que Aurangzeb ocupaba o terceiro posto na liña sucesoria. O seu pai nomeouno gobernador de Decán, cargo que retivo entre 1636 e 1644; posteriormente foi gobernador de Gujarat (1645) e Afganistán en 1647 co encargo de recuperar a cidade de Kandahar, encargo que non conseguiu cumprir. Tras este fracaso, recuperou o seu cargo de gobernador de Decán e instalouse na cidade de Khidki. Os seus irmáns máis vellos, Shuja e Murad, eran nesa época gobernadores de Bengala e Gujarat.

En 1657, o emperador Sha Jahan caeu enfermo; Aurangzeb atacou o seu irmán máis vello e sucesor, mentres que os seus outros irmáns declararon a súa independencia e se proclamaron emperadores das súas respectivas provincias. A loita continuou con enfrontamentos internos. Aurangzeb encerrou o seu pai no forte de Agra, encerro que durou nove anos, ata a morte do antigo emperador (en 1666). Aurangzeb ordenou tamén a execución dos seus irmáns, Murad e Dara Shikoh. Tan só Shuja conseguiu fuxir ata a selva de Birmania onde desapareceu o seu rastro histórico.

Finalmente o 31 de xullo de 1658, Aurangzeb instalouse sobre o trono do pavón, símbolo do poder mogol.

Reinado e expansión do imperio

editar

Dende os inicios do seu reinado ata a súa morte. Aurangzeb estivo involucrado en constantes conflitos bélicos. Organizou un potente exército e iniciou un programa militar para conseguir expandir os límites do seu imperio. Ao noroeste, as súas fronteiras chegaron ata o Panyab e Afganistán. Tamén marchou cara so sur, conquistando Bijapur e Golconda, antigos inimigos.

Mais a combinación de expansión militar e intolerancia política tiveron consecuencias. Triunfou no seu desexo de ampliar o control mogol, aínda que esta expansión tivo un enorme custo en termos económicos e de vidas humanas. Ao mesmo tempo que expandía o seu imperio o sistema de goberno ía debilitándose.

Os sikhs de Panyab creceron en forza e número e rebeláronse contra as tropas de Aurangzeb. Coa caída dos reinos musulmáns de Golconda e Bijapur, os hindús uníronse para unificarse coa confederación maratha. Durante os últimos vinte anos da súa vida, Aurangzeb estivo en constantes batallas no Decán, cun custo enorme.

Decadencia

editar

A diferenza dos seus predecesores, Aurangzeb non foi un gran construtor. Deixou un modesto mausoleo para a súa primeira esposa en Aurangabad, unha pequena copia do Taj Mahal. En comparación coa obra do seu pai, o mausoleo construído por Aurangzeb, está construído con materiais modestos e ten unha decoración moi pouco coidada, síntoma da decadencia que a arte mogol sufriu durante o seu reinado.

Aurangzeb é o único dos grandes mogois que non está enterrado nun mausoleo. De acordo coas súas crenzas e a súa vida austera, está enterrado nunha tumba a ceo aberto preto de Aurangabad. Á súa morte foi sucedido polo seu fillo Bahadur Shah. Mais Aurangzeb minara a unidade que os seus antecesores construíran na India, iniciou a decadencia da súa dinastía e preparou o terreo para a posterior colonización británica.

A riqueza e o poder mogois e polo tanto o padroado artístico chegaran ao cumio durante os reinados de Akbar (1556-1605), Jahangir (1605-1627), Shah Jahan (1628-1657) e Awrangzib (1658-1707). Logo, en 1739, o rei persa Nadir Shah saqueou Delhi, levando a Persia todas as riquezas dos mogois: as súas bibliotecas, tesouros e mesmo o fabuloso Trono do Pavón. Dese golpe psicolóxico os mogois nunca se recuperaron.

  1. 1,0 1,1 Thackeray, Frank W.; editors, John E. Findling (2012). Events that formed the modern world : from the European Renaissance through the War on Terror. Santa Barbara, Calif.: ABC-CLIO. p. 248. ISBN 9781598849011. 
  2. Spear, Percival. "Aurangzeb". Encyclopædia Britannica. Consultado o 6 de abril de 2016. 
  3. Dictionary of Wars. Hoboken: Taylor and Francis. 2013. p. 387. ISBN 9781135954949. 
  4. Chapra, Muhammad Umer (2014). Morality and Justice in Islamic Economics and Finance (en inglés). Edward Elgar Publishing. pp. 62–63. ISBN 9781783475728. 
  5. Bayly, C.A. (1990). Indian society and the making of the British Empire (1st pbk. ed.). Cambridge [England]: Cambridge University Press. p. 7. ISBN 9780521386500. 
  6. Turchin, Peter; Adams, Jonathan M.; Hall, Thomas D (decembro de 2006). "East-West Orientation of Historical Empires". Journal of World-systems Research 12 (2): 223. ISSN 1076-156X. Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  7. Catherine Blanshard Asher, (1992) "Architecture of Mughal India – Part 1", Cambridge university Press, Volume 1, Páxina 252.
  8. Hussein, S M (2002). Structure of Politics Under Aurangzeb 1658-1707. Kanishka Publishers Distributors. p. 158. ISBN 978-8173914898. 
  9. Jackson, Roy (2010). Mawlana Mawdudi and Political Islam: Authority and the Islamic State. Routledge. ISBN 9781136950360. 
  10. Balabanlilar, Lisa (2015). Imperial Identity in the Mughal Empire: Memory and Dynastic Politics in Early Modern South and Central Asia (en inglés). I.B. Tauris. p. 129. ISBN 978-0-85773-246-0. 
  11. 11,0 11,1 Böröcz, József (10 de setembro de 2009). The European Union and Global Social Change. Routledge. p. 21. ISBN 9781135255800. Consultado o 26 de xuño de 2017. 
  12. Taagepera, Rein (setembro de 1997). "Expansion and Contraction Patterns of Large Polities: Context for Russia". International Studies Quarterly 41 (3): 500. JSTOR 2600793. doi:10.1111/0020-8833.00053. 
  13. Lawrence E. Harrison, Peter L. Berger (2006). Developing cultures: case studies. Routledge. p. 158. ISBN 9780415952798. 
  14. Maddison, Angus (2003): Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical Statistics, OECD Publishing, ISBN 9264104143, pages 259–261
  15. Richards, John F. (1996). The Mughal Empire. The New Cambridge History of India 5 (Reprinted ed.). Cambridge University Press. p. 128. ISBN 9780521566032. Consultado o 29 de setembro de 2012. 
  16. 16,0 16,1 Truschke, Audrey (2017). Aurangzeb: The Life and Legacy of India's Most Controversial King. 978-0141001432. ISBN 978-1503602571. 
  17. Eraly, Abraham (2000). Emperors of the Peacock Throne. Penguin. ISBN 978-0141001432. 
  18. Dasgupta, K. (1975). "How Learned Were the Mughals: Reflections on Muslim Libraries in India". The Journal of Library History 10 (3): 241–254. JSTOR 25540640. 
  19. Qadir, K.B.S.S.A. (1936). "The Cultural Influences of Islam in India". Journal of the Royal Society of Arts 84 (4338): 228–241. JSTOR 41360651. 
  20. Taher, M. (1994). Librarianship and Library Science in India: An Outline of Historical Perspectives. Concept Publishing Company. p. 54. ISBN 9788170225249. Consultado o 3 de outubro de 2014. 
  21. Truschke, Audrey (2017). "Chapter 1: Introducing Aurangzeb". Aurangzeb : The Life and Legacy of India's Most Controversial King. Stanford University Press. ISBN 9781503602595. Consultado o 17 de novembro de 2018. 
  22. J. L. Mehta (1 de xaneiro de 2005). Advanced Study in the History of Modern India: Volume One: 1707 – 1813. Sterling Publishers Pvt. Ltd. p. 47. ISBN 978-1-932705-54-6. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  23. S. B. Bhattacherje (1 de maio de 2009). Encyclopaedia of Indian Events & Dates. Sterling Publishers Pvt. Ltd. pp. A80–A81. ISBN 978-81-207-4074-7. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  24. Ayalon, David (1986). Studies in Islamic History and Civilisation. Brill. p. 271. ISBN 978-965-264-014-7. 
  25. Abraham Eraly (2000), Emperors of the Peacock Throne: The Saga of the Great Mughals, Penguin Books, ISBN 978-0141001432, pages 398–399. According to Abraham Eraly, "in 1670, all temples around Ujjain were destroyed" and later "300 temples were destroyed in and around Chitor, Udaipur and Jaipur" among other Hindu temples destroyed elsewhere in campaigns through 1705.

    Avari writes, "Aurangzeb's religious policy caused friction between him and the ninth Sikh guru, Tegh Bahadur. In both Punjab and Kashmir the Sikh leader was roused to action by Aurangzeb's excessively zealous Islamic policies. Seized and taken to Delhi, he was called upon by Aurangzeb to embrace Islam and, on refusal, was tortured for five days and then beheaded in November 1675. Two of the ten Sikh gurus thus died as martyrs at the hands of the Mughals. (Avari (2013), páxina 115)
  26. Clarke, Peter (2017). Mughal India: From the Taj to the Raj. CreateSpace Independent Publishing Platform. ISBN 978-1544177496. 
  27. Haroon, Asif (2004). Muhammad Bin Qasim to General Pervez Musharraf: Triumphs, Tribulations. Lahore: Sang-e-Meel. p. 70. ISBN 978-969-35-1624-1. 
  28. "Mughal dynasty | History, Map, & Facts". Encyclopædia Britannica. Consultado o 6 de outburo de 2018. 
  29. Avari 2013, p. 115.
  30. Audrey Truschke (1996). B. N. Pande, ed. Aurangzeb and Tipu Sultan: Evaluation of Their Religious Policies. University of Michigan. p. 85. ISBN 9788185220383. 
  31. Truschke, Audrey (2017). Aurangzeb: The Life and Legacy of India's Most Controversial King. Stanford University Press. pp. 50–51. ISBN 9781503602595. 
  32. Siddique, K. (1970). "The Criterion". Islamic Research Academy. 
  33. Falah, Jamiah'tul (1962). The Voice of Islam. University of Michigan. 
  34. Knud Haakonssen, Sebastian Olden-Jørgensen (2017). Ludvig Holberg (1684-1754): Learning and Literature in the Nordic Enlightenment. Taylor & Francis. ISBN 9781317103066. 
  35. Ali, Sadiq (2006). A Vindication of Aurangzeb. University of Michigan. 
  36. Hamidullah, Muhammad (2011). The Muslim Conduct of State. The Other Press. ISBN 9789675062889. 
  37. Ahmad, Fazl (1963). "Heroes of Islam Series: Mohy-ud-Din Alamgir Aurangzeb". University of Virginia. 
  38. Cotterell, Arthur (2011). Asia: A Concise History. John Wiley & Sons. ISBN 9780470829592. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar