[go: up one dir, main page]

Arturo Toscanini

músico italiano

Arturo Toscanini, nado en Parma o 25 de marzo de 1867 e finado o 16 de xaneiro de 1957, foi un músico italiano, considerado por moitos dos seus contemporáneos como un dos máis grandes directores de orquestra da época.

Modelo:BiografíaArturo Toscanini

(1926) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1867 Editar o valor en Wikidata
Parma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xaneiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio monumental de Milán Editar o valor en Wikidata
Senador vitalicio
5 de decembro de 1949 – 7 de decembro de 1949 (renúncia (pt) Traducir)
Nomeado por: Luigi Einaudi
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónConservatorio Arrigo Boito (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Nova York
Milán
Lierna Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmúsico, compositor, director musical, director de orquestra, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1886 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVioloncello Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRCA Records Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeCarla Toscanini De Martini (1897–1951), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosWalter Toscanini, Wally Toscanini Castelbarco, Wanda Toscanini Editar o valor en Wikidata
PaiClaudio Toscanini Editar o valor en Wikidata
ParentesVladimir Horowitz, xenro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Тосканини Артуро)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0869109 Youtube: UCmDarHJgVROE-5FtctYoTEw BNE: XX1282069 Musicbrainz: da96be23-ef88-420e-8173-3efb7fd995cc Discogs: 888854 IMSLP: Category:Toscanini,_Arturo Allmusic: mn0000196439 WikiTree: Toscanini-1 Find a Grave: 1198 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Toscanini iniciou a súa formación musical en Parma ao gañar unha bolsa para o conservatorio local, no que estudou cello. Tras os seus estudos, uniuse á orquestra dunha compañía de ópera coa que realizou unha xira por Suramérica. Mentres representaban Aida no Río de Xaneiro en 1886, o director da orquestra foi apupado polo público e obrigado a abandonar o escenario. Toscanini, afortunadamente, colleu a batuta animado polo resto de músicos comezando así, con 19 anos, a súa carreira como director.

En 1898, converteuse en director residente de A Scala de Milán, onde permaneceu ata 1908 e á que volvería nos anos 20. Ademais pasou polo Metropolitan Opera de Nova York (1908 - 1915) e Bayreuth (1930 - 1931), dirixindo tamén a New York Philharmonic Orchestra (1926 - 1936) e no Festival de Salzburgo (1934 - 1937).

Radicalmente oposto aos réximes fascistas de Alemaña e Italia, abandonou Europa para dirixirse aos Estados Unidos. Alí fundouse en 1937 a Orquestra Sinfónica da NBC para el e con ela actuou con regularidade ata 1954 na Radio Nacional. As súas actuacións convertérono no primeiro director de orquestra estrela dos modernos medios de comunicación de masas. A súa actividade como director de actuacións en directo para a radio continuou ata a súa retirada.

Toscanini era famoso polas súas interpretacións de Beethoven e Verdi. Realizou numerosas gravacións, especialmente cara ao final da súa carreira, a maioría delas publicadas. Amais diso, legou numerosas gravacións dispoñibles das súas interpretacións para a radio.

Para a maioría das recompilacións da súa obra, as súas mellores gravacións son as seguintes:

  • Beethoven, Sinfonía nº 3 (1953, NBC Symphony; algúns prefiren a gravación de 1939).
  • Beethoven, Sinfonía nº 7 (1936, Philharmonic-Symphony of New York)
  • Beethoven, Sinfonía nº 9 (1952, NBC Symphony)
  • Berlioz, Romeo e Xulieta (1947, NBC Symphony)
  • Brahms, Sinfonía nº 1 (1951, NBC Symphony)
  • Brahms, Sinfonía nº 2 (1952, NBC Symphony)
  • Brahms, Sinfonía nº 4 (1951, NBC Symphony)
  • Debussy, La Mer (1950, NBC Symphony)
  • Dvořák, Sinfonía nº 9 (1953, NBC Symphony)
  • Haydn, Die Jahreszeiten (1951, NBC Symphony)
  • Mozart, A frauta máxica (1937, Festival de Salzburgo; pobre calidade sonora)
  • Mozart, Requiem K. 626 (1950, NBC Symphony)
  • Puccini, La Boheme (1946, NBC Symphony)
  • Schubert, Sinfonía nº 9 (1953, NBC Symphony; algúns prefiren a gravación de 1941, Philadelphia Orchestra)
  • Verdi, Requiem (1940, NBC Symphony; o son é mellor na gravación de 1951, NBC)
  • Verdi, Falstaff (1937, Festival de Salzburgo; o son é mellor na gravación de 1950, NBC)
  • Verdi, Otelo (1947, NBC Symphony; considerada por moitos como a máis perfecta gravación dunha ópera xamais realizada)
  • Wagner, Die Meistersinger (1937, Festival de Salzburgo; pobre calidade sonora)