[go: up one dir, main page]

Aquae Flaviae

cidade romana en Portugal

Aquae Flaviae era unha cidade romana, actual cidade de Chaves, no distrito de Vila Real en Portugal.

Modelo:Xeografía físicaAquae Flaviae
Imaxe
Tipocidade romana Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaChaves, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónGallaecia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°44′20″N 7°28′08″O / 41.739, -7.469
Historia
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Columna de Traxano, na ponte romana de Aquae Flaviae.

Historia

editar
 
Ponte romana sobre o río Támega.

Era unha cidade importante na provincia romana da Gallaecia. A cidade era un posto importante, xa que converxían tres vías romanas importantes: A de Bracara Augusta, a de Asturica Augusta e a de Lamaecum. Había moita circulación entre Bracara Augusta e Asturica. De aí a importancia que a cidade tivo. Ademais a rexión posuía recursos naturais que eran exportados para Roma. Aquae Flaviae tiña un destacamento numeroso de lexionarios do exército romano destacado na rexión. Posuía tamén termas romanas, que se pensa que duraron até o século XVI, cando estas se presentaban como un obstáculo á artillaría durante as "Guerras da Restauração" portuguesas.

A ponte de Traxano sobre o río Támega é un monumento romano que persiste. A ponte foi construída no final do século I e inicio do século II. Nunha das columnas ten nomes de tribos locais (o denominado padrón dos pobos). A ponte romana posúe un taboleiro, con 140 m de longo e apoiase en 12 arcos de volta redonda visíbeis e en catro soterrados polas casa e por aluvións. A ponte ten no medio dúas columnas cilíndricas epigráficas que testemuñan ter sido edificada no reinado do emperador Traxano a expensas dos Flavienses. E, é até hoxe, o símbolo da cidade de Chaves. Cando a vila recibiu o foral de D. Manuel I, a ponte estaba representada no brasón de armas.

Da cidade romana para fóra da ponte foron descubertos achados epigráficos e numismáticos.

O foro da cidade estaría implantado na zona hoxe correspondente ao Largo Principal. A actual Rua Direita podería corresponder, por outro lado ao decumanus.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar