Anko
Pasta doce de feixón típica do Xapón
- Para o emperador xaponés do século V véxase Emperador Ankō
- Para o personaxe de anime e manga, véxase Anko Mitarashi
O anko é unha pasta de feixóns doces ou pasta de azuki (legume da especie Vigna angularis semellante a un feixón vermello) moi usada no Extremo Oriente, especialmente no Xapón e na China. Emprégase especialmente en repostaría para elaborar wagashi (pasteliños xaponeses, coma o coñecido daifuku feito de mochi.)
É un ingrediente da Gastronomía da China e do Xapón onde ademais é usado para distintos tipos de doces e sobremesas. Elabórase esmagando as sementes de azuki até obtermos unha pasta á que lle engadiños azucre.
Pratos con anko na cociña chinesa
editar- Sopa de feixóns vermellos
- Tangyuan
- Zongzi
- Baozi (Doushabao)
- Pastel de feixóns vermellos
- Filloas recheas de pasta anko