[go: up one dir, main page]

American Dad!

serie de debuxos animados

American Dad! é unha serie de animación estadounidense para adolescentes e adultos. Foi creada por Seth MacFarlane (tamén creador de Family Guy), Mike Barker e Matt Weitzman para a canle FOX. Nos Estados Unidos, estreouse o 6 de febreiro de 2005.

Argumento

editar

A historia céntrase na vida de Stan Smith, un axente da CIA que vive coa súa familia en Langley (Virxinia).

Personaxes

editar
  • Staniel "Stan" Smith é o protagonista da serie. É un pai de familia republicano, conservador e altamente paranoico e patriótico que traballa na CIA.
  • Francine Smith é a muller de Stan. Manifesta unha personalidade submisa cara ao seu marido, que ás veces rompe bruscamente.
  • Hayley Dreamsmasher Smith é a filla máis vella, de 18 anos. Ten un pensamento moi liberal e pacifista, que contrasta radicalmente coas ideas de seu pai.
  • Steven Anita "Steve" Smith é o fillo máis novo, de 14 anos. No instituto relaciónase principalmente con Snot (o seu mellor amigo), Barry (un compañeiro obeso) e Toshi (un estudante xaponés). Representa o estereotipo de "nerd".
  • Roger Smith é un alieníxena que lle salvou a vida a Stan na Área 51. En agradecemento, Stan permite que se esconda do goberno na súa casa. Ten un carácter violento e impulsivo, que reflicte disfrazándose de numerosos personaxes e creando mundos propios para cada un.
  • Klaus Heißler é un peixe co cerebro dun esquiador olímpico da Alemaña Oriental.

Elenco

editar
Personaxe Actor de dobraxe
Stan Smith Seth MacFarlane
Francine Smith Wendy Schaal
Hayley Smith Rachael MacFarlane
Steve Smith Scott Grimes
Roger Smith Seth MacFarlane
Klaus Heißler Dee Bradley Baker

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.