[go: up one dir, main page]

Aethelred I de Northumbria

Æthelred (/ˈæθəlrɛd/), nado c. 762 e finado o 18 de abril de 796, foi rei de Northumbria de 774 a 779 e outra vez de 790 ata que foi asasinado en 796.

Modelo:BiografíaAethelred I de Northumbria

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ang) Æthelred Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 760 Editar o valor en Wikidata
Morte796 Editar o valor en Wikidata (26/36 anos)
Coria, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Northumbria
790 (Gregoriano) – 796 (Gregoriano)
← Osred II de NorthumbriaOsbald de Northumbria →
Rei de Northumbria
década de 780 – 18 de abril de 796
← Osred II de NorthumbriaOsbald de Northumbria →
Rei de Northumbria
774 – 779
← Ealhred de NorthumbriaAelfwald I de Northumbria → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeÆlfflæd of Mercia (792, 792 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
PaisAethelwald Moll de Northumbria Editar o valor en Wikidata  e Æthelthryth Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era fillo de Æthelwald Moll e Æthelthryth e posibelmente converteuse en rei mentres aínda era un neno tras a deposición de Ealhred.

Familia e primeiros anos

editar

A orixe da familia de Æthelred non está rexistrada, pero o seu pai Æthelwald, tamén chamado Moll, parece ter ascendencia nobre. Æthelwald aparece nos rexistros históricos por vez primeira nunha carta escrita polo papa Paulo I ao rei Eadberht, ordenándolle devolver as terras incautadas ao Abade Fothred, que foron entregadas ao seu irmán Moll. Tras a abdicación de Eadberht en 758, o seu fillo Oswulf sucedeuno pero, a pesar do longo reinado do seu pai, e o seu poderoso tío Ecgberht, foi asasinado xusto un ano máis tarde en 759 en Market Weighton polos seus propios gardacostas. O asasinato foi posibelmente ordenado por Æthelwald xa que se converteu en rei pouco despois. En 761, o irmán de Oswulf, enfrontouse a Æthelwald en batalla pero morreu en Eildon Hills o 6 de agosto.

 
Styca de prata de Aethelred

Tras da súa vitoria, Æthelwald casou con Æthelthryth en Catterick o 1 de novembro de 762. Æthelwald foi deposto como rei o 30 de outubro de 765, por un consello de nobres e prelados, e substituído por Ealhred, o cuñado de Oswulf e Oswine.

Primeiro período

editar

Despois de gobernar durante case dez anos, os northumbrianos expulsaron a Ealhred de York en 774. Entón escolleron a Æthelred como rei e foi "coroado con gran honra". No primeiro ano despois da súa ascensión Æthelred, que puido estar influído polo seu pai Æthelwald, ordenou o asasinato do ealdorman, Eadwulf.

Æthelred foi deposto como rei e o trono pasou a Ælfwald, neto de Eadberht[1].

Restauración

editar

Æthelred viviu no exilio durante o reinado de Ælfwald e do seu sucesor Osred II. Aínda así, en 788 ou 789, Osred foi deposto, tonsurado á forza e exiliado e exiliado e Æthelred foi restaurado no trono.

Durante o seu segundo reinado, Æthelred ordenou en 790 o asasinato do ealdorman Eardwulf pero sobreviviu e máis tarde converteríase en rei. Os fillos de Ælfwald, Ælf e Ælfwine, foron asasinados, probabelmente por ordes de Æthelred, en 791. Ao ano seguinte, Osred tentou recuperar o trono, pero foi derrotado, capturado e morto o 14 de setembro de 792. Un ano máis tarde, Lindisfarne foi saqueado polos viquingos, e Alcuíno escribiu cartas a Æthelred culpando deste acontecemento aos pecados cometidos por Æthelred e os seus nobres.

O 29 de setembro de 792 Æthelred contraeu matrimonio con Ælfflæd, filla de Offa de Mercia en Catterick.

Morte e sucesión

editar
 
A antiga fortaleza romana en Corbridge onde Æthelred foi asasinado.

Mentres Æthelred estaba en Corbridge un grupo de nobres asasinouno o 18 de abril de 796. Como resultado, Osbald, ealdorman e amigo de Alcuíno, anterior asesor de Æthelred, converteuse en rei, pero abdicou ao cabo de 27 días.

  1. The Anglo-Saxon Chronicle. Phoenix. 2000. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar