12 de abril
data
<< | Abril | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | |||||
2024 Todos os días |
O 12 de abril é o 102º día do ano do calendario gregoriano e o 103º nos anos bisestos. Quedan 263 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 467 - Antemio é proclamado emperador romano de Occidente.
- 1204 - A 4a Cruzada saquea Constantinopla.
- 1606 - Adóptase a Bandeira da Unión como bandeira nacional de Gran Bretaña.
- 1609 - Os Países Baixos recobran a independencia de España.
- 1633 - Comeza o interrogatorio formal da Inquisición a Galileo Galilei.
- 1861 - Comeza a guerra civil estadounidense co bombardeo de Fort Sumter, en Charleston, Carolina do Sur, Carolina do Sur
- 1877 - O Reino Unido anexiona o Transvaal.
- 1928 - O rei de Italia, Vítor Manuel III, sae ileso dun atentado na inauguración da Feira de Mostras de Milán
- 1931 - Eleccións municipais en España, que dan o triunfo maioritariamente aos partidos republicanos aliados no Pacto de San Sebastián.
- 1945 - Harry S. Truman convértese en presidente dos Estados Unidos.
- 1950 - O príncipe Rainiero sobe ao trono de Mónaco.
- 1961 - O cosmonauta soviético Iuri Gagarin tórnase no primeiro home no espazo, ao realizar un voo a bordo da nave Vostok 1.
- 1976 - Enterro de Otero Pedrayo, primeira misa en galego de monseñor Temiño, bispo de Ourense.
- 1981 - Primeiro Lanzamento dunha nave espacial tipo "Space Shuttle": Columbia lánzase para a misión STS-1, con dous homes a bordo, culminando con éxito o seu primeiro voo espacial.
- 1985 - Un atentado atribuído á "xihad Islámica" no restaurante El Descanso de Madrid, provoca 18 mortos e 82 feridos.
- 1992 - Inauguración de EuroDisney en Marne-la-Vallée, Francia.
- 1994 - Israel e a OLP conclúen n'O Cairo o acordo sobre a policía palestina que se despregará en Gaza e Xericó e que contará con 9.000 homes.
- 2002 - Tentativa de golpe de Estado contra Hugo Chávez en Venezuela.
Nacementos
editar- 1735 - Bernardo Herbella de Puga, xurista galego (m. 1807).
- 1839 - Víctor Castro Soto, xornalista galego.
- 1871 - Ioannis Metaxás, ditador grego (m. 1941).
- 1883 - Clarence Irving Lewis, filósofo estadounidense (m. 1964).
- 1884 - Otto Fritz Meyerhof, fisiólogo alemán (m. 1951).
- 1908 - André Martinet, lingüista francés.
- 1911 - Rita Fernández Queimadelos, arquitecta galega
- 1933 - Montserrat Caballé, soprano catalá.
- 1940 - Herbie Hancock, pianista e compositor estadounidense.
- 1942 - Carlos Reutemann, piloto de carreiras arxentino.
- 1947 - Tom Clancy, escritor en lingua inglesa.
- 1953 - Álex Angulo, actor vasco.
- 1955 - Jean-Louis Aubert, guitarrista, cantante e compositor francés.
- 1956 - Walter Salles, director de cine brasileiro.
- 1956 - Andy García, actor cubano.
- 1961 - Willi Ninja, bailarín e coreógrafo afroamericano (m. 2006).
- 1968 - Juanillo Esteban, actor, contacontos, e guionista galego.
- 1971 – Shannen Doherty, actriz estadounidense.
- 1979 - Jennifer Morrison, actriz e modelo estadounidense.
- 1985 - Shakhriyar Mamedyarov, xadrecista profesional acerbaixano.
Mortes
editar- 1888 - Antonio Casares Rodríguez, químico galego.
- 1897 - Edward Drinker Cope, paleontólogo e anatomista comparativo estadounidense.
- 1912 - Janez Mencinger, escritor esloveno.
- 1919 - Elisa Patiño, primeira galega en pilotar un avión.
- 1928 - Adolf Hohenstein, pintor e deseñador alemán (n. 1854).
- 1931 - Miguel Gil Casares, médico e político galego (n. 1871).
- 1945 - Franklin D. Roosevelt, presidente dos Estados Unidos (n. 1882).
- 1965 - A Bela Otero, actriz e bailarina de orixe galega.
- 1971 - Igor Tamm, físico soviético (n. 1895).
- 1972 - C. W. Ceram, xornalista e crítico literario alemán (n. 1915).
- 1975 - Josephine Baker, bailarina e cantante afroamericana (n. 1906).
- 1980 - Sonja Wigert, actriz norueguesa de cinema.
- 2001 - María Dolores Vila Jato, historiadora da arte galega (n. 1950).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Santos Damián, Vítor, Xulio e Zenón.