Ácido graxo omega-9
Os ácidos graxos omega-9, tamén chamados ácidos graxos ω−9 ou ácidos graxos n−9, son unha familia de ácidos graxos insaturados que teñen en común un dobre enlace situado na posición do noveno enlace contando desde o metilo do final da cadea carbonada (ver Ácido graxo#Nomenclatura e numeración).
A difefrenza dos ácidos graxos omega-3 e omega-6, entre os omega-9 non hai ácidos graxos esenciais, porque o corpo humano pode producilos a partir de graxas insaturadas, e non son esenciais na dieta.
Exemplos
editarAlgúns ácidos graxos omega-9 son compoñentes comúns da graxa animal e de aceites vexetais. Dous ácidos graxos omega-9 importantes na industria son:
- Ácido oleico (18:1, n−9), que é un compoñente do aceite de oliva, aceite de macadamia e outras graxas monoinsaturadas.
- Ácido erúcico (22:1, n−9), que se encontra na colza, sementes de Erysimum e sementes de mostaza. A colza con alta concentración de ácido erúcico ten un uso comercial como compoñente de pinturas e vernices como aceite secante. O aceite de colza procede dun cultivar da planta de colza que foi sometido a cruzamentos, e nalgúns casos modificado xeneticamente, para que conteña moi pouco ácido erúcico.
Baixo graves condicións de deprivación de ácidos graxos esenciais, os mamíferos alongan e desnaturalizan o ácido oleico para producir ácido de Mead, (20:3, n−9).[1] Isto foi documentado en menor medida nun estudo feito en vexetarianos e semivexetarianos que seguían dietas sen fontes substanciais de ácidos graxos esenciais.[2]
Nome común | Fórmla lipídica | Nome químico |
---|---|---|
Ácido hipoxeico | 16:1 (n−9) | Ácido (Z)-hexadec-7-enoico |
Ácido oleico | 18:1 (n−9) | Ácido (Z)-octadec-9-enoico |
Ácido elaídico | 18:1 (n−9) | Ácido (E)-octadec-9-enoico |
Ácido gondoico | 20:1 (n−9) | Ácido (Z)-eicos-11-enoico |
Ácido de Mead | 20:3 (n−9) | Ácido (5Z,8Z,11Z)-eicosa-5,8,11-trienoico |
Ácido erúcico | 22:1 (n−9) | Ácido (Z)-docos-13-enoico |
Ácido nervónico | 24:1 (n−9) | Ácido (Z)-tetracos-15-enoico |
Ácido ximénico | 26:1 (n−9) |
Notas
editar- ↑ Lipomics. "Mead acid". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2006. Consultado o 14 de febreiro de 2006.
- ↑ Phinney SD, Odin RS, Johnson SB, Holman RT (marzo de 1990). "Reduced arachidonate in serum phospholipids and cholesteryl esters associated with vegetarian diets in humans". Am. J. Clin. Nutr. 51 (3): 385–92. PMID 2106775. doi:10.1093/ajcn/51.3.385.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Cyberlipid Center. "Polyenoic fatty acids". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 11 de febreiro de 2006.