[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Enerxía

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
«Case todas as maneiras de producir electricidade hoxe en día, a excepción das enerxías renovables emerxentes e nucleares, liberan CO2. E así, o que imos ter que hacer a escala global, é crear un novo sistema. Por iso, necesitamos milagres coa enerxía». Bill Gates.
«A liberación da enerxía atómica non creou un novo problema. Simplemente fixo máis urxente a necesidade de resolver un xa existente». ** Albert Einstein (14 de marzo de 1879 – 18 de abril de 1955)
«A enerxía e a persistencia conquistan todas as cousas». Benjamín Franklin

A enerxía é unha variable física fundamental que se define como a capacidade de realizar un traballo mecánico ou producir unha transformación. Pode transferirse dun corpo a outro e existir en diferentes formas. Tamén se refire especificamente a todas as fontes de enerxía que a humanidade emprega para o funcionamento da sociedade tecnolóxica.

Citas

[editar]
  • «É importante que nos demos de conta de que na física actual non temos un coñecemento preciso do que é a enerxía. Non temos a imaxe de que a enerxía se intercambia en pequenas fraccións dunha cantidade definida».[1]
    • Richard Feynman (11 de maio de 1918 - 15 de febreiro de 1988), físico estadounidense e premio Nobel de Física en 1965
  • «A humanidade está ante ... o gran problema da procura de novas materias primas e novas fontes de enerxía que nunca cheguen a esgotarse. Mentres tanto, non debemos perder o que temos, pois debemos deixar tanto como sexa posible para as xeracións vindeiras».
    • Svante Arrhenius (19 de febreiro 1859 - 2 de outubro de 1927), químico sueco e premio Nobel de Química en 1903.
  • «Tome a man dalguén e sinta a súa calor. Gramo por gramo, converte 10 000 veces máis enerxía por segundo que o Sol. Encontra vostede difícil de crer isto? Aquí están os números: un ser humano promedio pesa 70 quilos e consome arredor de 12.600 quiloxulios ao día. Iso supón arredor de 2 milixulios por gramo e segundo, ou 2 milivatios por gramo. Para o Sol, é un miserable 0,2 microxulios por gramo e segundo. Algunhas bacterias, como a bacteria "Azotobacter" converten até 10 xulios por gramo e segundo, superando o Sol por un factor de 50 millóns. Estou quente por dentro, porque en cada unha das células do meu corpo hai decenas, centos ou incluso miles de mitocondrias que queiman os alimentos que como».[2]
    • Gottfried Schatz (18 de agosto de 1936-), bioquímico suízo-austríaco.
  • «Se tomas un fardo de feo e llo atas ao rabo dunha mula e logo acendes un misto e consegues poñerlle lume ao fardo de feo, e se a continuación, comparas a enerxía gastada pouco despois pola mula coa enerxía gastada por ti mesmo ao acender o misto, entenderás o concepto de amplificación».
    • William Shockley (13 de febreiro de 1910 - 12 de agosto de 1989), físico estadounidense e premio Nobel de Física en 1956.
  • «Pronto vostede será capaz de cobrar impostos [da enerxía eléctrica]».
    • Michael Faraday (22 de setembro de 1791 - 25 de agosto de 1867), físico e químico británico que estudou o electromagnetismo e a electroquímica.
    • Resposta ao primeiro ministro británico William Gladstone (1809-1898) tras preguntarlle sobre o futuro uso da electricidade.
  • «Os altos prezos da enerxía actúan como un imposto».
    • John W. Snow (2 de agosto de 1939-), secretario do Tesouro de EUA. (2003-2006)
  • «A liberación da enerxía atómica non creou un novo problema. Simplemente fixo máis urxente a necesidade de resolver un xa existente».
    • Albert Einstein (14 de marzo de 1879 – 18 de abril de 1955), físico de orixe alemá, nacionalizado suízo e estadounidense.
  • «A enerxía e a persistencia conquistan todas as cousas».
    • Benjamín Franklin (17 de xaneiro de 1706 - 17 de abril de 1790), político, científico e inventor estadounidense.
  • «Esta revolución, a revolución da información, é tamén unha revolución de enerxía libre, pero doutro tipo: de enerxía intelectual libre. É moi primitiva hoxe en día, mais, o noso ordenador Macintosh consome menos enerxía que unha bombilla de 100 vatios para funcionar e pode aforrarlle varias horas ao día. Que será capaz de facer dentro de dez ou 20 anos, ou dentro de 50 anos?».
    • Steve Jobs (24 de febreiro de 1955 – 5 de outubro de 2011), empresario informático estadounidense.
  • «Case todas as maneiras de producir electricidade hoxe en día, a excepción das enerxías renovables emerxentes e nucleares, liberan CO2. E así, o que imos ter que facer a escala global, é crear un novo sistema. Por iso, necesitamos milagres coa enerxía».
    • Bill Gates (28 de outubro de 1955-), empresario e filántropo estadounidense.
  • «Eu vendo aquí, señor, o que todo o mundo desexa ter: enerxía».[3]
    • Matthew Boulton (1728 - 1809), comerciante e industrial inglés, dirixíndose a James Boswell sobre as súas obras de enxeñaría xunto a James Watt, en desenvolvemento das primeiras máquinas de vapor.

Notas

[editar]
  1. The Feynman Lectures on Physics (1964) Volume I, 4-1
  2. "The tragic matter". En: Gottfried Schatz: "Jeff's view on science and scientists", Amsterdam, Elsevier Butterworth-Heinemann, 2006, ISBN 978-0-444-52133-0, páx. 43
  3. Citado en George Birkbeck-Hill (ed.), Boswell’s Life of Johnson (1934-50), Vol. 2, páx. 459.