[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Zorrotza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZorrotza

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°16′30″N 2°58′23″O / 43.275, -2.973
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaBiscaia
ComarcasGran Bilbao
ConcelloBilbao Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.999 (2023) Editar o valor en Wikidata (8.526,36 hab./km²)
Xeografía
Superficie1,29 km² Editar o valor en Wikidata

Zorrotza (en castelán: Zorroza) é un barrio do distrito de Basurtu-Zorrotza da cidade de Bilbao. Ten unha poboación duns 16.000 habitantes (2006).

Atópase no extremo noroccidental do concello de Bilbao, entre o río Cadagua, que o separa de Barakaldo, e a ría do Nervión, na que desemboca o primeiro nos límites de Zorrotza.

O nome procede do adxectivo éuscaro zorrotz que significa agudo ou afiado, en alusión á forma triangular aguda que colle o barrio coa desembocadura do río Cadagua na ría do Nervión, convertendo a Zorrotza nunha península.