Zodiac (filme)
Zodiac | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Zodiac |
Director | David Fincher |
Produtor | Mike Medavoy Brad Fischer Arnold Messer James Vanderbilt Ceán Chaffin |
Guión | Zodiac de Robert Graysmith |
Intérpretes | Jake Gyllenhaal Robert Downey Jr. Mark Ruffalo Anthony Edwards Brian Cox Elias Koteas Donal Logue John Carroll Lynch Dermot Mulroney |
Música | David Shire |
Fotografía | Harris Savides |
Montaxe | Angus Wall |
Estudio | Phoenix Pictures |
Distribuidora | Paramount Pictures (USA) Warner Bros. Pictures (Internacional) |
Estrea | 2 de marzo de 2007 23 de maio de 2017 (TVG) |
Duración | 158 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense, drama |
Orzamento | $65 000 000[1] |
Recadación | $84 800 000[1] |
Na rede | |
http://wwws.warnerbros.co.uk/zodiac/ | |
Zodiac é un filme de suspense de 2007 dirixido por David Fincher e baseado en dous libros sobre feitos reais escritos por Robert Graysmith: Zodiac e Zodiac Unmasked. Está protagonizada por Jake Gyllenhaal, Mark Ruffalo e Robert Downey Jr..
Un famoso asasino en serie coñecido como "Asasino do Zodíaco" actuou na Área da Baía de San Francisco durante o final dos anos 60, deixando varias vítimas atrás e desconcertando á policía coas súas cartas e correos cifrados á prensa. O filme narra a historia dos homes e mulleres involucrados na caza do asasino, un caso que permanece aínda como un dos crimes sen resolver máis famosos de San Francisco.
Fincher, o guionista James Vanderbilt e o produtor Brad Fischer pasaron 18 meses realizando a súa propia investigación e indagando nos asasinatos de Zodiac. Durante a rodaxe, Fincher utilizou unha cámara dixital Thomson Viper para filmar a película. Foi a primeira vez que se empregou esta cámara para a rodaxe completa dunha produción de Hollywood. As críticas para a película foron positivas e, aínda que non tivo moito éxito no portelo total de norteamérica, o seu éxito no resto do mundo fixo que obtivera unha recadación global de 83.264.441 dólares.
Estreouse en galego o 23 de maio de 2017 a través da TVG.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jake Gyllenhaal como Robert Graysmith
- Mark Ruffalo como Inspector David Toschi
- Robert Downey, Jr. como Paul Avery
- Anthony Edwards como Inspector William Armstrong
- Brian Cox como Melvin Belli
- John Carroll Lynch como Arthur Leigh Allen
- Chloë Sevigny como Melanie Graysmith
- Elias Koteas como Sarxento Jack Mulanax
- Dermot Mulroney como Capitán Marty Lee
- Donal Logue como Ken Narlow
- John Getz como Templeton Peck
- John Terry como Charles Thieriot
- Philip Baker Hall como Sherwood Morrill
- Adam Goldberg como Duffy Jennings
- Zach Grenier como Mel Nicolai
- Ciara Hughes como Darlene Ferrin
- Lee Norris como Xove Michael Mageau
- Jimmi Simpson como Michael Mageau
- Pell James como Cecelia Shepard
- Patrick Scott Lewis como Bryan Hartnell
- James LeGros como Oficial George Bawart
- Charles Fleischer como Bob Vaughn
- Clea DuVall como Linda del Buono
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "Zodiac (2007)". Consultado o 16 de xuño de 2010.
- ↑ Versión en galego (ed.). "Zodiac na TVG". Consultado o 28 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Graysmith, Robert (2007). Zodiac. Barcelona: Alba Editorial. ISBN 978-84-8428-333-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2007
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por David Fincher
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes rodados en San Francisco
- Filmes ambientados en 1969
- Filmes ambientados en 1971
- Filmes ambientados en 1978
- Filmes ambientados en 1983
- Filmes ambientados en 1991
- Filmes baseados en feitos reais
- Filmes sobre xornalistas
- Filmes sobre asasinos en serie
- Filmes de 2007 con versión en galego