[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Castela-A Mancha.

A Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha (en castelán: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha) ou simplemente Xunta de Comunidades, é a institución en que se organiza o autogoberno da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, España.

A Xunta de Comunidades está integrada polas Cortes de Castela-A Mancha, polo presidente da Xunta de Comunidades e polo Consello de Goberno.

Cortes de Castela-A Mancha

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cortes de Castela-A Mancha.

As Cortes de Castela-A Mancha son a Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma, á que corresponde a elaboración e aprobación das Leis e a elección e cesamento do Presidente da Xunta de Comunidades.

Presidente da Xunta de Comunidades

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Presidente de Castela-A Mancha.

O Presidente da Xunta de Comunidades é o supremo representante da Comunidade Autónoma e o representante ordinario do Estado na mesma; a súa elección ten lugar polo voto favorable da maioría absoluta do Pleno das Cortes de Castela-A Mancha e o seu nomeamento corresponde ao Rei.

Consello de Goberno

[editar | editar a fonte]

O Consello de Goberno é o órgano político e administrativo superior da Comunidade, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desempeño da función executiva; está composto polo Presidente da Xunta de Comunidades, que o preside, e polos Conselleiros nomeados por el para facerse cargo das distintas Consellerías.

Tras a última remodelación do Goberno de Castela-A Mancha producida o 5 de xullo de 2015, o Consello de Goberno está formado polos seguintes conselleiros:

Escudo de Castela-A Mancha  Composición do Consello de Goberno da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha - IX Lexislatura  
Consellería Titular
Presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha Emiliano García-Page Sánchez
Vicepresidente do Goberno
Consellería de Economía, Empresas e Emprego
Consellería de Facenda e Administracións Públicas
Consellería de Sanidade
Consellería de Agricultura, Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural
Consellería de Educación, Cultura e Deportes
Consellería de Fomento
Consellería de Benestar Social

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]