Xulio López Valcárcel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Romeán, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, solicitor, poeta |
Xénero artístico | Narrativa, crítica literaria, ensaio, poesía |
Familia | |
Irmáns | Xesús Manuel Valcárcel |
Premios | |
Xulio Xabier López Valcárcel, nado en Romeán (Lugo) en 1953[1], é un escritor galego. Irmán de Xesús Manuel Valcárcel, tamén escritor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Reside na Coruña. Estudou no Seminario de Lugo e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela traballando como procurador dos tribunais.[2] Coñecido sobre todo como poeta, participou nos colectivos Cravo Fondo e De amor e desamor. Foi parte do consello de redacción de Luzes de Galiza e presidente da Agrupación Cultural O Facho. É membro da Asociación Española de Críticos Literarios.[3]
Obtivo o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994 e 2004. Así mesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e algúns libros de relatos. Foi ademais colaborador de prensa participando na Páxina literaria de El Ideal Gallego, que obtivo o Premio Irmandade do libro outorgado pola Federación de Librarías de Galicia no 2002. Tamén participou na radio co programa Entre libros con X.L.V. de Radio Coruña, Cadena SER.[4]
É membro destacado da Xeración Poética dos 80.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Véspera do día (1979). Santiago: Follas Novas. ISBN 84-85385-09-8.
- Alba de auga sonámbula (1983). Lugo: Celta. 78 páxs. ISBN 978-8470440915.
- Solaina da ausencia (1986). Algalia Edicións, 2ª edición en 1987, A Coruña: Vía Láctea, 40 páxs. ISBN 9788486531195.[6]
- O sol entre os dedos (1993). Sada: Ediciós do Castro. 74 páxs. ISBN 978-8474926415.
- Memoria de Agosto (1993). A Coruña: Deputación da Coruña. 108 páxs. ISBN 978-84-86040-76-5.
- En voz baixa. Quince anos de poesía (1979-1994) (1996). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 144 páxs. ISBN 9788486046675.
- El volumen de la ausencia (1997). Zaragoza: Olifante. Edición bilingüe galego-castelán. Traducido ao francés como Le volume de l'absence en 2006, por Marie-Line Heslon e Suso Pensado, edición bilingüe publicada en Espiral Maior).
- Casa última (2003). Culleredo: Espiral Maior. 97 páxs. ISBN 84-95625-78-4.[7] Traducida ao italiano no 2004 por Emilio Coco.
- Se envellecemos xuntos (2007). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. En 2020, Medulia Ed., ilustracións de Xurxo Gómez-Chao, ISBN 978-84-121546-5-8.
- A melancolía dos corpos (2008). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán.[8] 112 páxs. ISBN 978-84-92597-12-3.
- Outono nos espellos (2017). A Coruña: Medulia. 90 páxs. ISBN 978-84-943783-5-5.
- Memoria dos días, formas da levidade. Poesía reunida 1979-2017 (2017). A Coruña: Medulia.[9] 553 páxs. ISBN 978-8494810213.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Anel de mel (1991). Santiago: Vía Láctea. 160 páxs. ISBN 978-8486531621.
- Campo de Marte (1999). Culleredo: Espiral Maior. 184 páxs. ISBN 9788489814783. Traducida ao castelán no 2002 por Suso Pensado, publicada por Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- O cantar dos músicos errantes (2023). Santiago: Laiovento. 204 páxs. ISBN 978-84-8487-641-0. Libro electrónico: ISBN 978-84-8487-642-7.[10] [11]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- No corazón de Galicia: viaxe polas terras de Chantada e a Ulloa (2001). Vigo: A Nosa Terra. 337 páxs. ISBN 9788495350879.
- Sinais na area. Escritos sobre arte (2007). A Coruña: Deputación da Coruña. 216 páxs. ISBN 978-8498120721.
- Miguel González Garcés. Mineiro de luz (2009). Santiago: Laiovento. 354 páxs. ISBN 978-84-8487-174-3.
- Confesión de parte. Inventario de lecturas poéticas (2010) Culleredo: Espiral Maior. ISBN 978-84-92646-33-3.
- O escano baleiro. No Courel con Uxío Novoneyra (2011). Biblos Clube de Lectores. 192 páxs. ISBN 9788415086161.
- Raíz e canto I. Nomes para unha crónica vital e literaria (2013). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 212 páxs. ISBN 978-84-92597-29-1.
- Raíz e canto II. Nomes para unha crónica vital e literaria (2015). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 225 páxs. ISBN 978-84-92597-31-4.
- A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. I. De predicador a Mesías (2017). Santiago: Laiovento. 248 páxs. ISBN 978-84-8487-362-4.
- Lugares e presenzas (2017). A Coruña: Medulia. 292 páxs. ISBN 978-84-943783-7-9.
- A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II. A cofiguración do mito. De Mesías a Deus (2019). Santiago: Laiovento. 310 páxs. ISBN 978-84-8487-430-0.
- Baixo o signo de Eros (2020). A Coruña: Medulia, 306 páxs. ISBN 978-84-122253-7-2.
- O cantar dos músicos errantes (2023). Santiago: Laiovento. 204 páxs. ISBN 978-84-8487-641-0. Ebook: ISBN 978-84-8487-642-7.[12]
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O pitiño revolucionario (2012). Galebook Ed. 50 páxs. ISBN 9788493873547. Ilustracións de Ángela Gavilán.
- Amiga Zura (2022). Medulia. Ilustración de Tania Arufe. 110 páxs. ISBN 978-84-125253-4-2.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Serodio amor, de Emilio Coco (2006). Espiral Maior. Con Suso Pensado.
- Lúa de xemas frías. Escolma de poesía mapuche (2008). Espiral Maior.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Poesía galega: antoloxía, de Miguel González Garcés (1998). Espiral Maior.
- Porta de aire: escolma poética de Miguel González Garcés (2005). A Nosa Terra.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Cravo fondo (1977, Follas Novas).
- II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
- IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
- De amor e desamor. I. II (1984, 1985, Ediciós do Castro).
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
- Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
- VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
- Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento (1988, Ediciós do Castro).
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
- Escolma da Poesía galega de hoy (1991, Visor, Madrid).
- Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña).
- Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (1995, Universidade de Granada). Edición bilingüe galego-castelán a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
- Construír a paz (1996, Xerais).
- Poesía Gallega Contemporánea (1996, Revista Litoral, Málaga).
- Novo do trinque (1997, BNG).
- Alguén agarda que volva alí (1998).
- Galician generation of the eighties: three poets (1999, Universidade da Coruña).
- A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia).
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, por Arturo Casas (2003, Tris Tram).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- Uxío Novoneyra, A emoción da Terra (2004, AELG).
- Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media (2005, Deputación da Coruña). Con Alfredo Erias e Carlos Pereira.
- O desafío das ondas (2006, Autoridade Portuaria da Coruña).
- Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior).
- De amor e desamor (2009, Deputación da Coruña).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
- Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
- Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- Dez anos de poesía nas Pontes (2013, Galebook).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
- Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañador do Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979.
- Premio de poesía Miguel González Garcés no 1993, por Memoria de Agosto.
- Premio da Crítica Española en 1993, por Memoria de Agosto.
- Premio Antonio Tovar en Ourense no 1993.
- Premio da Crítica Española en 2003, por Casa última.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "López Valcárcel, Xulio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 337. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Xulio López Valcárcel Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es.
- ↑ Ficha do autor na AELG
- ↑ "Xulio L. Valcárcel". www.aelg.gal. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ Gómez, Xesús González (1987). "Solaina da ausencia, por Xúlio L. Valcárcel". Grial: revista galega de cultura (97): 380–382. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Casa última Espiral Maior O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-06-20.
- ↑ Forcadela, Manuel (2019-01-28). "A densa melancolía dos corpos. Sobre a poesía de Xulio López Valcárcel.". O Ximnasio de Academo. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ Nicolás, Ramón (2018-10-31). "Novidade (36): Memoria dos días, formas da levidade. Poesía reunida (1979-2017), de Xulio L. Valcárcel". Caderno da crítica. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "Edicións Laiovento - O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES". laiovento.gal. Consultado o 2023-06-19.
- ↑ Tasende, Silvia (Xullo, agosto, setembro). "A memoria dos músicos errantes". Grial LXII (243): 68, 69. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Edicións Laiovento - O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES". laiovento.gal. Consultado o 2023-08-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xulio López Valcárcel |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diccionario da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1995.
- A tépeda luz dos días (aproximación á obra poética de Xulio L. Valcárcel), de Marina Vázquez Carreira. Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1997.