[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xudite de Évreux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXudite de Évreux

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1040 Editar o valor en Wikidata
Évreux, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1076 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Palermo, Italia Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCondesa consorte de Sicilia (1062–1076) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Hauteville Editar o valor en Wikidata
CónxuxeRoxelio I de Sicilia (1061–) Editar o valor en Wikidata
FillosAdelisa de Sicilia, Matilde de Hauteville, Emma de Hauteville Editar o valor en Wikidata
PaisGuillerme de Évreux Editar o valor en Wikidata  e Hadvise de Echauffour Editar o valor en Wikidata
IrmánsRoxerio Devereux de Norfolk
Guillerme Devereux Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Evreux-36

Xudite de Évreux, nada en Évreux en 1050 e finada en Palermo en 1080, foi a primeira condesa de Sicilia polo seu matrimonio con Roxerio I de Sicilia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xudite era filla de Guillerme de Évreux e Heloise de Nevers.[2] A lenda di que o nobre normando Roxerio de Hauteville, o futuro primeiro conde de Sicilia Roxerio I, namorouse dela cando a viu na Abadía de Saint-Wandrille de Fontenelle, do mosteiro beneditino a onde fora enviada canda a súa irmá Emma.

A voda tivo lugar en San Martino di Taurianova en 1061.

Hai pouca información acerca da primeira condesa de Sicilia, un país atormentado polas invasións musulmás. A miúdo aparece xunto ao seu marido, destacando pola súa valentía.

En 1080, pouco despois de que Roxerio zarpara de Sicilia para axudar ao seu irmán Roberto Guiscardo, Xudite morreu.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio co conde Roxerio de Sicilia naceron catro fillas:

  • Flandina (morta c. 1094), que casou dúas veces: primeiro con Hugo de Circea, primeiro conde de Paternò, e despois con Henrique del Vasto, fillo de Manfredo del Vasto, e irmán de Adelaida del Vasto.
  • Matilde (c. 1062 - 1094), casou en 1080 con Raimundo IV de Tolosa.
  • Adelisa (morta c. 1096), casou en 1083 con Henrique, conde de Monte Sant'Angelo.
  • Emma (c. 1070 - 1120), pedida en matrimonio por Filipe I de Francia, casou primeiro con Guillerme (ou Roberto), conde de Clermont e, en segundas nupcias con Rodolfo Macabeo, conde de Montescaglioso.


Predecesor:
Ningunha

Condesa de Sicilia

1072 - 1080
Sucesor:
Eremburga de Mortain
  1. Detlev Schwennicke, Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, V. II (Marburgo, Alemañea: J. A. Stargardt, 1984, Tafel 79.
  2. Heloise of Nevers (1056-c. 1103) en Familypedia (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Malaterra, Goffredo (2005): The deeds of count Roger of Calabria and Sicily and of his brother duke Robert Guiscard. Ann Arbor, Míchigan, USA: The University of Michigan Press. ISBN 0-4721-1459-X.
  • Norwich, John Julius (2004): The Normans in Sicily. The Normans in the South 1016-1130 and the Kingdom in the Sun 1130-1194. Londres, RU: Penguin Books. ISBN 978-0-1401-5212-8.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]