Xián (nome)
Xián[1][2][3] (pronunciado /ʃi'aŋ/) é un nome propio masculino galego. De orixe latina, é un xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter, a través do latín Iulianus. Porén, neste nome galego, conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba puñal.[2] En galego tamén conta coas variantes Xiao,[4] Xillao,[4] Xullán[4] e Xulián.[4]
En xaneiro de 2023 existían 1.180 varóns en Galicia co nome Xián, cunha media de idade de 11,5 anos,[5] 60 co nome Xiao, cunha media de idade de 14,6 anos[6] e 39 co nome Xulián, cunha media de idade de 25 anos.[7] Non hai persoas rexistradas coas variantes Xillao ou Xullán.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Xián provén do latín iulianus, que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio, exactamente á familia do emperador Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar). Este nome podería ter moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexo, vizoso, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "o do cabelo encaracolado".
Santoral
[editar | editar a fonte]Existen varios santos con este nome. Entre eles, san Xián o Hospitaleiro, de maior culto en Galicia; san Xián de Brivate; e san Xián de Antince (ca. †304), mártir xunto á súa dona Basilisa.
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Julian, en inglés, alemán, neerlandés etc. Usado no Reino Unido, Estados Unidos, Irlanda, Albania, Australia, Alemaña, Polonia e Holanda.
- Julien (Julienne) en francés.
- Julián en castelán, usado en España e Hispanoamérica.
- Juliano ou Julião en portugués, usado en Portugal e no Brasil.
- Julià en catalán
- Julen en éuscaro.
- Giuliano en italiano.
- Iyán en asturiano.
Outros:
- Jolyon
- Julijan
- Juliyan
- Julien
- Julyan
- Juleane
- Julean
- Juliaan
- Julianne
- Julion
- Julyin
- Julyon
- Julienn
- Julienne
- Jullien
- Jullin
- Julyen
- Jülyen
- Jullian
- Ιουλιανός (Iulianos, Ioulianos)
- Juljan
- Iulian
- Iulică
- Turiano
- Lulo
- Juli
- Gabelica
Persoeiros
[editar | editar a fonte]Galegos
[editar | editar a fonte]- Xulián Magariños, Negreira, 1904, foi un escritor e avogado galego.
- Xulián Maure Rivas, Vigo,1941, é un ensaísta e editor galego.
- Julián Ríos, Vigo, 1941, é un escritor galego en lingua castelá.
- Julián Pellón Rodríguez, Larouco, 1816, foi un mestre e político galego.
- Julián Martínez Larrán, Vigo, 1928, é un avogado e político galego.
- Julián Rodríguez León, O Barco de Valdeorras, 1970, é un alpinista galego.
- Julián Besteiro, Madrid, 1870, foi un político socialista español de orixe galega.
- Julián Hernández, Madrid, 1960, é un cantante e guitarrista galego, un dos fundadores da banda Siniestro Total.
- Julián Barrio, Manganeses de la Polvorosa (Zamora), 1946, é un crego católico galego, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996.
- Julián Lucas Ramírez,Cuenca, 1949, é un político galego do PPdeG.
Antigüidade
[editar | editar a fonte]- Xuliano (Flavio Claudio Xuliano), nado no ano 331, foi un emperador romano.
- Anicia Xuliana, Constantinopla, 462, filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.
Santos
[editar | editar a fonte]- Xián de Antince (ca. †304), mártir e santo xunto á súa dona Basilisa. Festividade: 9 de xaneiro;
- Xián de Anazarbus (San Xián de Antioquía), mártir do século IV na relixión cristiá pola súa lealdade a Deus. Festividade: 16 de marzo;
- Xián de Cuenca ou de Burgos (†1208), bispo de Cuenca - Festividade: 28 de xaneiro;
- Xián de Toledo (c. 642-†690), arcebispo, fillo de xudeus - Festividade: 8 de marzo;
Nobres
[editar | editar a fonte]- Conde Xulián, que foi acusado de traizón por ter facilitado a entrada dos musulmáns na Península Ibérica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xi%E1n&tipo_busca=lema
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-10-02.
- ↑ Nome Xián na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Xiao na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Xulián na Web do Intituto Galego de Estatística