Xefe de clan escocés
Aparencia
O xefe de clan é o representante do seu clan. A palabra gaélica escocesa clann significa fillos.[1] En tempos antigos, e aínda hoxe, os membros dos clans cren que son descedentes dun antergo común, o fundador do clan escocés. O nome do clan procede do seu fundador. O xefe do clan é o representante do fundador, e representa ó clan tamén. No sistema de clans escoceses, o termo xefe fai referencia a un gran xefe por riba dos chieftains. En consecuecia, os xefes das pólas dun clan son chamados "chieftains".[2] Os clans que xa non teñen un xefe de clan son chamados armigerous clans.