[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xardín botánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xardín Botánico de Curitiba, Curitiba, Brasil
Invernadoiro tropical no xardín botánico de Berlín

Os xardíns botánicos (do latín hortus botanicus) cultivan unha ampla variedade de plantas destinadas tanto a fins científicos como educativos e de lecer para os visitantes.

Investigación

[editar | editar a fonte]

Os traballos científicos levados a cabo nestes xardíns inclúen estudos sobre a adaptación de plantas exóticas a ese contorno, estudos taxonómicos, así como a propagación de especies raras ou en perigo de extinción. O Real Xardín Botánico de Kew, preto de Londres, leva publicando un xornal científico de investigación botánica ilustrado en cor dende finais do século XVIII.

Labor educativa

[editar | editar a fonte]

Os proxectos educativos abranguen dende presentacións de plantas que prosperan en diferentes contornos ata consellos prácticos para xardineiros domésticos. Moitos xardíns botánicos teñen tendas, onde se venden flores, herbas e plantas en sementeira adecuadas para o transplante. Algúns, como o Xardín Botánico e Centro de Investigación de Plantas UBC, na Columbia Británica (Canadá) e o Botánico de Chicago posúen programas de reprodución e introducen novas plantas no mercado hortícola.

Os primeiros xardíns botánicos modernos foron fundados no norte de Italia en conexión coas universidades:

Seguíronlles outras cidades europeas:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

(En español)

(En inglés)