[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xan da Coba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXan da Coba

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1813 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1899 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, poeta, inventor, editor literario Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, teatro

Galiciana: 12018 BNE: XX937561 BUSC: coba-gomez-juan-de-la-1829-1899

Juan María de la Coba Gómez,[1] nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego, considerado un dos animadores máis excéntricos da vida cultural da súa cidade.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta. Recordado polo seu invento do Pirandárgallo, un paraugas universal, que segundo argumentaba, “bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea”. Inventou tamén unha lingua, o trampitán, idioma empregado por Gonzalo Torrente Ballester na novela La saga/fuga de J. B.[3]. Escribiu dúas pezas teatrais en galego, mais segundo a crítica o contido das súas obras era de calidade pésima e carentes de acción e de interese.[4]

Cerámica de Sargadelos fixo unha botella coa súa figura.[5][6]

El Gracioso.
  • La Galiciana, 1861.
  • María Pita, 1863.
  • Avisos al labrador principales nociones de agricultura, 1867.
  • Grandes consejos: obra literaria de instrucción moral y recreativa, 1876.
  • Desengaños : obra moral y en verso contra el crimen, 1880.
  • Guerra en Melilla, 1888
  • Una permuta fatal, 1889
  • Juanita y Juan, 1890
  • Cervantes, 1894
  • Batalla de Lepanto, 1894
  • La trampitana, 1895
  • El conde y marqués, 1896
  • Cuba es de España, Razones de la ley, 1896
  • La fidelidad, 1897
  1. 1,0 1,1 El Gracioso de Juan de la Coba Gómez Arquivado 16 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
  2. "Coba Gómez, Xan da". Diccionario enciclopédico galego universal 16. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 88–89. ISBN 84-7680-429-6. 
  3. Torrente Ballester, G. (2011 [1972]). Carmen Becerra e Antonio J. Gil González, ed. La saga/fuga de J. B. Castalia. p. 155. ISBN 978-84-9740-298-9. 
  4. AAVV. "Coba Gómez, Xan da" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  5. Casares, Carlos (2000). Biografía de Don Juan de la Coba. «Os minilibros de Galaxia». ISBN 84-8288-354-2. 
  6. "Imaxe da botella de Sargadelos de Juan de la Coba y Gomez". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]