Xogos paralímpicos
Xogos paralímpicos | |
---|---|
Facho paralímpico en Río 2016 | |
Tipo | evento deportivo recorrente |
Deporte | deporte paralímpico |
Data de fundación | 1960 |
País | mundial |
Na rede | |
https://www.paralympic.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Xogos Paralímpicos[1] son a competición olímpica oficial para atletas con discapacidades físicas, mentais ou sensoriais. Isto inclúe discapacidades motoras, amputación, cegueira e parálise cerebral. Logo están as persoas con discapacidades mentais que compiten nos Xogos Olímpicos Especiais.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome incorpora o prefixo grego para significando proximidade ou similitude (cos Xogos Olímpicos), aínda que no seu momento o nome debeuse á presenza de participantes con parálise ou paraplexía, que incorpora a mesma raíz etimolóxica.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Os Xogos Paralímpicos teñen a súa orixe en 1948, cando o neurocirurxián británico de orixe alemá Ludwig Guttmann organizou os Xogos de Stoke Mandeville, un evento deportivo para veteranos de guerra con lesións na médula espiñal no Reino Unido. Este evento, inicialmente pequeno, evolucionou até converterse no precursor dos Xogos Paralímpicos modernos. A primeira edición oficial celebrouse en Roma en 1960, coincidindo cos Xogos Olímpicos dese ano. Desde entón, os Xogos Paralímpicos creceron até se converter nun dos eventos deportivos máis destacados a nivel mundial para atletas con discapacidades.[3]
En 1988, por primeira vez, os Xogos Paralímpicos de Verán celebráronse na mesma cidade e instalacións que os Xogos Olímpicos, en Seúl, marcando un fito importante na integración e visibilidade dos Xogos. Dende entón, esta práctica continuou e Xogos Paralímpicos seguiron crecendo, tanto en número de participantes como en cobertura mediática, converténdose en símbolo de superación e diversidade no deporte.[4]
Simboloxía
[editar | editar a fonte]A bandeira representativa dos Xogos paralímpicos correspóndese co logotipo do CPI e foi obxecto de varios cambios. Recolle tres elementos de cor vermella, azul e verde, as tres cores máis empregadas nas bandeiras nacionais.
- Nos Xogos Paralímpicos de 1988 en Seúl, usáronse os Tae-Geuks, motivo tradicional coreano como os que aparece no centro da bandeira de Corea do Sur: cinco Tae-Guks coas cores e disposición dos cinco aros olímpicos. En 1991 o COI obxectou este deseño e as cinco formas ficaron en tres.
- No 2003 aprobouse a imaxe actual, para ser empregada trala finalización dos Xogos paralímpicos de Atenas 2004. Nel apareceron tres formas con silueta semellante a un búmerang que fora bautizado como Agitos (isto é do latín agito, móvome).
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.paralympic.org/paralympic-games
- ↑ "PARAPLEJIA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-08-12.
- ↑ "IPC - Paralympics News, Sports and Results". www.paralympic.org (en inglés). Consultado o 2024-08-12.
- ↑ Paralympic Games. Olympic.org. Consultado o 12 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos paralímpicos |