[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xoana de Évreux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoana de Évreux

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jeanne d'Évreux Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1310 Editar o valor en Wikidata
Évreux, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1371 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Brie-Comte-Robert, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrealeza Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloQueen Consort of France and Navarre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Évreux Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCarlos IV de Francia (1324 (Gregoriano), 1325 (Gregoriano)–1328 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FillosMarie of France, Branca de França Editar o valor en Wikidata
PaisLois de Évreux Editar o valor en Wikidata  e Margarida de Artois Editar o valor en Wikidata
IrmánsCharles d'Évreux
Filipe III de Navarra
Marie d'Évreux
Marguerite d'Évreux Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Evreux-7

Xoana de Évreux, nada en Évreux en 1310 e finada en Brie o 4 de marzo de 1371, foi raíña consorte de Francia e Navarra (1325 - 1328).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla do conde Lois de Évreux e Margarida de Artois. Era neta pola liña paterna do rei Filipe III de Francia e María de Brabante e pola liña materna de Filipe de Artois e Branca da Bretaña. Era irmá do rei Filipe III de Navarra. Casou en Brie o 5 de xullo de 1325 co rei Carlos IV de Francia, sendo a súa terceira esposa. Desta unión naceron:

Foi coroada raíña o 11 de maio de 1326 na Sainte-Chapelle de París.

En 1326 deu a luz a unha filla, que viviu só un ano. Ao ano seguinte, trouxo ao mundo unha nova filla. De novo embarazada á morte do rei, 1 de febreiro de 1328, continuou a incerteza sobre a sucesión masculina do reino. Por fin deu a luz unha nova filla. Coa Lei sálica prevalecendo no Reino, estes nacementos provocarán o fin da rama principal e directa da dinastía Capeto para iniciar a dinastía Valois.

Xoana de Évreux morreu en Brie en 1371 e foi enterrada xunto ao seu marido na catedral de Saint Denis en París.

O Libro de horas de Xoana de Évreux, de Jean Pucelle que se conserva no museo The Cloisters de Nova York, é unha das obras mestras da miniatura medieval.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]