[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Universidade Libre de Bruxelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vrije Universiteit Brussel»)
Université Libre de Bruxelles
Edificio principal, no campus Solbosch.
Datos xerais
LocalizaciónBruxelas, Bélxica
Fundación1834
Datos actuais
ReitorYvon Englert
Alumnos24 236 (2012)
Datos de contacto
EnderezoCampus du Solbosch, Avenue Franklin D. Roosevelt 50 B-1050 Bruxelles
Páxina webwww.ulb.ac.be
Twitter: ulbruxelles Youtube: UC3leA5MlC1SgQAbQj47fOvw BNE: XX130974 Dialnet: 1988057 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Libre de Bruxelas (Université Libre de Bruxelles, en francés; Vrije Universiteit Brussel, en neerlandés), ou ULB polas súas siglas, é unha universidade belga francófona. Foi creada en 1834 e conta con varios premios Nobel e unha medalla Fields, amais de ser unha das universidades belgas máis recoñecidas e cosmopolitas, cun 29% de estudantes estranxeiros.

Aínda que o seu nome é o equivalente exacto da Vrije Universiteit Brussel, en lingua neerlandesa, a Université Libre de Bruxelles é totalmente independente desta. Malia isto, as dúas están no campus da Plaine, na comuna de Ixelles.

A ULB fundouse no ano 1834, durante a época posterior á independencia de Bélxica e durante a cal se padeceu unha gran desorganización educativa.

Nesa época, as tres universidades estatais, Gante, Liexa e Lovaina, perden varias facultades. A creación en 1834, da Universidade Católica de Malinas, baixo o impulso dos bispos de Bélxica foi o detonante que empuxou ao liberalismo a reaccionar rapidamente. O avogado Pierre-Théodore Verhaegen, lanzou en xuño de 1834 unha chamada á subscrición en medios liberais con vistas á creación dunha universidade libre que combatería a intolerancia e os prexuízos. Malia isto, rapidamente se avisou a Verhaegen do utópico dos seus proxectos, xa que non dispoñía nin de profesores, nin de locais, nin de diñeiro. Así e todo, o alcalde de Bruxelas, Nicolas-Jean Rouppe, atopou un local no antigo palacio de Charles-Alexandre de Lorraine, na praza do Museo. Verhaegen engadiu ao seu proxecto a Escola de Medicina e atopou profesores entre os homes de experiencia do Museo das Ciencias e das Letras. A facultade de Dereito recaeu en profesores voluntarios, como Henri de Brouckère. Finalmente, o 20 de novembro de 1834, Auguste Baron, dicía, no seu discurso de inauguración:

Xuramos inspirar aos nosos alumnos, sexa cal sexa o obxecto da nosa ensinanza, o amor práctico dos homes irmans, sen distinción de casta, opinión ou nación; xuramos ensinarlles a consagrar os seus pensamentos, os seus traballos, os seus talentos de cara á felicidade e á mellora dos seus concidadáns e da humanidade...

Nos seus primeiros anos levaba o nome de Universidade Libre de Bélxica e tiña catro facultades: filosofía e letras, dereito, ciencias e medicina. A partir de 1836 pasou a chamarse Universidade Libre de Bruxelas.

Alumnos e profesores recoñecidos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]