Vinalopó Mitjà
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Capital | Elda Novelda | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 170.049 (2022) (212,93 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 798,6 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
O Vinalopó Mitjà (en castelán: Medio Vinalopó) é unha comarca situada na zona montañosa da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Elda.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A comarca atópase nunha zona cunha orografía moi accidentada, con numerosos vales e serras que delimitan as súas fronteiras naturais. Está formada por catro vales, un que discorre de forma vertical e os outros tres de forma horizontal. O val principal é o que forma o corredor do río Vinalopó, que dá nome á comarca, en dirección norte-sur. Neste corredor atópanse as localidades mais poboadas da comarca.
Limita ao norte e oeste co Alt Vinalopó, ao leste co Alacantí e ao sur co Baix Vinalopó.
Concellos
[editar | editar a fonte]- Algueña
- Aspe
- Elda
- El Fondó de les Neus
- Hondón de los Frailes
- Monforte del Cid
- Monòver
- Novelda
- Petrer
- El Pinós
- La Romana
Lingua
[editar | editar a fonte]A maioría dos municipios da comarca están incluídos na demarcación de predominio lingüístico do valenciano, excepto a capital, Elda, e os municipios de Aspe e Monforte del Cid, que foron sempre tradicionalmente de lingua castelá. Con todo, a lingua maioritaria na comarca é o castelán debido ao maior peso demográfico destes tres municipios (case a metade da poboación da comarca), e polo amplo predomino do castelán en Petrer e, en menor medida, noutros municipios valencianofalantes.